miércoles, 27 de octubre de 2010

ULTRACOPIER, O QUE WINDOWS DEBERA SER

ULTRACOPIER, O QUE WINDOWS DEBERA SER


Quen teña copiado algunha vez grandes cantidades de información en Windows dun cartafol a outro ou dun disco a outro saberá que é máis perigoso que deixar uns mistos nas mans duns nenos. A POSIBILIDADE DE QUE SE PARE A COPIA É MAIOR A QUE NON SE PARE, e falo dende a experiencia de ter que repetilo proceso máis dunha vez movendo gigas de información.


O tema está en que si se presenta algún erro como que un dos arquivos que estemos copiando estéxa sendo usado por otra persona (ou aplicación) fai que toda a copia se pare de repente, por poñer un so exemplo. Grazas a programas como ULTRACOPIER poderemos estar más tranquilos.


Con Ultracopier podremos copiar e pegar entre diferentes ubicacions e en todo momento controlalo que se está facendo. Si nun momento queremos pausala copia poderemos facelo e incluso poderemos saltarnos un arquivo. Ademáis ante calquier problema, como por exemplo un arquivo que esté duplicado nos preguntará que queremos facer.

Unha vez rematada a copia poderemos acceder a un log1 donde poderemos ver todolos erros que houbese (si é que os houbo) e así poder localizar arquivos que teñan dado problema por se queremos copialos un a un manualmente. Sin dubida unha ferramenta realmente necesaria tal e coma funciona WINDOWS.

Ultracopier es compatible con Windows a partir do 2000, está en español e é completamente de BALDE.

1log.- arquivo de texto de resumo do que se fixo nunha aplicacion

No hay comentarios:

Publicar un comentario