miércoles, 27 de octubre de 2010

ALGO PASA CON FLASH

ALGO PASA CON FLASH


Non corren bos tempos para Adobe Flash. A tecnoloxía avanza e, o que fora o mellor amigo de sitios como YouTube ve a sua amizade rompida en pro de novas tecnoloxías como HTML5.

¿Qué está pasando con Flash? Neste artígo analizamo-los problemas polos que está pasando, así coma o posibel futuro que lle agarda.


Problemas de seguridade i estabilidade


Os plugins de Adobe Flash son considerados, en xeral, seguros, e as estadísticas de Secunia así o confirman. Ahora ben, ainda cando todolos problemas de seguridade son parcheados con relativa celeridade, as vulnerabilidades existen, supondo as veces un grave perigo para a seguridade.


Agora ben, si utilizas ADOBE FLASH seguramente haxas tido máis problemas de estabilidade e colgues que de seguridade. Non é ningún misterio que Mozilla Firefox consume a memoria por toneladas, e o plugin de Adobe non axuda: é outro devorador compulsivo de recursos.


NOTA COSTAWEB;_: Anque esto depende tamén do equipo que teñas, no meu, tipo MEDIO, teño aberto o mozilla firefox, con seis ventás abertas en pestañas, e o chrome con outras catro e non teño ningun tipo de colgue. Eso si teño o equipo actualizado, o Flash actualizado, desfragmentoo regularmente, pasolle o GLARY UTILIES REGULARMENTE, ou sexa teño-o A PUNTO. E deso depende moito o comportamento do teu pc.


Tanto é así que na propia páxina de soporte de Firefox deixa-se entrever que nun uso excesivo de CPU pode ser causado por Flash, recomendando o uso da extensión FLASHBLOCK (CostaWeb: Recomendovo-la) para activa-lo ou desactiva-lo. Este problema de estabilidade é o que “obrigou” a Mozilla a cargalos plugins como un proceso aparte (o famoso plugin-container.exe), de modo que si estos fallan, Firefox manteña-se aberto.


CW: As veces, teño ido á casa de amigos, co*o que se me estropeou o ordeador, non me funciona, que lle pasa, tal e cual, vou co flash solo no pendrive e RASH listo. Por eso tedes que tet coidado co mantemento da vosa pc, ter as ferramentas a punto, senon o ordeador non vai, por unha simple chorra pero as veces dar con esa chorrada, leva horas, e sobre todo NON FUCHIQUEDES, EN NADA QUE NON SEPADES BEN O QUE FACEDES, PODEDES DEIXAR O EQUIPO FEITO POLBO

leede o "ESPECIAL INFORMATICA 7" -"OS 8 MANDAMENTOS PRA OPTIMIZALO ESTADO DO TEU EQUIPO INFORMATICO" E DOADO MAIS DOADO DO QUE VOS PENSADER TER O PC A PUNTO AO 100%


ALTERNATIVAS


Flash ten que loitar cunhas cantas alternativas que loitan por gañar posicions na rede. Son as seguintes:


AJAX:

Mediante o uso desta tecnoloxía, baseada en Javascript, a creación de páxinas web dinámicas non necesita de ningún plugin externo. A sua implementación é masiva en páxinas como Facebook.


SILVERLIGHT:

Da man de Microsoft chega esta especie de copia de Flash, cas suas características propias. Non obstante, a sua implementación é minoritaria e enfrentase aos mesmos problemas que éste, ao funcionar como un plugin aparte.


JAVA: Abarca dende xogos para móbeis asa aplicacions completas, incluindo tamén applets para navegadores. Resulta unha tecnoloxía bastante problemática e inestabel, polo que os deseñadores web intentan evita-la na medida do posibel. >


HTML5 y SVG:

HTML5 permite incrustar multimedia de forma nativa (unha prueba delo é YouTube) mentras que SVG é un estándar de gráficos vectoriais, outra das principais bazas de Flash.


FUTURO DE FLASH

Para maxinalo futuro de Flash, primerio debemos pensar en qué campos se utiliza. Se quere seguir nos nosos navegadores non so deberá resolve-los seus problemas de estabilidade e seguridade, se non ser mellor, ao menos, nalgun dos seguintes campos.


DESEÑO WEB INTEGRAL


Lonxe quedan os tempos nos que deseñar unha páxina web enteiramente en Flash era unha gran idea. A experiencia dos visitantes degrada-se, ao non poder utiliza-los botons de navegación para atrás ou adiante e, como xa temos vido, non é a única opción para crear páxinas enteiramente dinámicas.


Certo é que segue sendo a mellor opción para crear páxinas moi especializadas con efectos avanzados que non se poden conseguir con outra tecnoloxía, anque esto casi entraría no seguinte apartado.


XOGOS NO NAVEGADOR


Se falamos de xogos no navegador, as únicas alternativas viabeis para un xogo de mediana complexidade son Flash e Java.


A extensión do primeiro plugin é muito maior, sendo a plataforma de grandes éxitos como FarmVille e outros innumerables mini-xogos para diversas redes sociäis.

Sin ningún outro competidor no horizonte, parece que os xogos poden sela única gran baza na man de Adobe para mantene-lo seu producto nos nosos ordeadores.

(CW: Nembargantes eu xa teño framework 4.0, e mais Silverlight instalados na miña pc,)


STREAMING DE VÍDEO


Según o informe Visual Networking Index de Cisco, o streaming de vídeo desde Internet estaría a punto de sobrepasa-lo P2P en canto ó uso total da red. Flash está moi ben preparado para a reproducción de vídeo, e por eso foi durante todo este tempo a tecnoloxía máis utilizada neste campo.

Estando mellor preparado que os seus competidores (o plugin de DivX, Windows Media ou Silverlight), agora enfrontase a unha nova ameaza: HTML5. Con suporte nativo para audio e vídeo, a sua implementación é moi sinxela para os webmasters. Ademáis, supon un respiro para os navegadores, que non necesitan delegar estas funcions a terceiros, coa posibel inestabilidade que esto supon.


ANIMACIONS PARA A WEB


En ocasions queremos que a web non sexa tan estática e os gráficos sexan máis vívidos, con animacions, pero sin chegar a ser vídeos.

Para animacions na web, o máis coñecido son as animacions GIF, seguidas de Flash. Outra opción, en xeral descoñecida, é o formato APNG (PNG animado), que sóio está suportado por Opera e Firefox

Mellor futuro lle agarda a SVG, co respaldo en menor ou maior medida de todolos navegadores. SVG permite crear animacions vectoriais, polo cal Flash deixa de ter o monopolio neste aspecto.



CONCLUSIONS


De acordo a toda a informazón que vimos ata agora, parece pouco probabel que, nun futuro cercano, Flash desapareza por completo dos nosos navegadores. Ainda dependemos de él para aplicacions avanzadas, como poden selos xogos ou a videoconferenza


Se ben existen alternativas, a sua implementación e extensión no mercado son moito menores. Non obstante, sí que parece que imos a ver cómo se reduce a presenza destos plugins na mayoría das páxinas web, ao poder realizarse as mismas funcions de forma nativa polo navegador.


No hay comentarios:

Publicar un comentario