martes, 26 de octubre de 2010

DISPOÑIBEL A "BETA" DE OPENOFFICE 3.3.

DISPOÑIBEL A "BETA" DE OPENOFFICE 3.3.

Recentemente está dispoñibel a beta de OpenOffice 3.3 que a lle ia tocando unha revisión. Está sobre todo basada na corrección de pequenos erros e melloras, pero tampouco como corresponde a un salto de versión podemos esperar novedades espectaculares. Imos ver en que aspectos traballaron para mellorar OpenOffice dende Oracle.

Incluironse novas funcionalidades no editor de textos, folla de cálculo e no módulo de presentacions, por citar algunha das máis significativas anque tamén o resto incluen algunha novedade. De momento non hai data prevista para a saida a producción desta Beta e dependerá un pouco do ritmo de reporte de bugs,(erros) traduccions a distintos idiomas, etc.

Algunhas das novedades máis interesantes son as seguintes:

    • Procesador de textos anque é o elemento, máis pulido de OpenOffice, nesta revisión inclue un par de retoques menores que teñen que ver cas traduccions nos menús e o uso dos diccionarios.

    • Folla de cálculo mellora as opcions de dialogo á hora de importar arquivos CSV. Tamén permite asignar distintas cores ás pestañas das follas de cálculo, entre outras opcions.

    • Cadros de dibuxo e gráficos que foron mellorados e agora é compatible con obxetos de debuxo. Ademáis pde abrirse dende o menú contextual e editarse. Permitese a inclusión de formas complexas como símbolos, diagramas de fluxo, etc.

    • Melloras nas búsquedas de texto dentro dos documentos, que permita que a búsqueda de textos fagase de forma máis sinxela e sexa máis intuitiva a opción de buscar e reemplazar.

    • Nova barra de ferramientas para deseño de diapositivas que sufre un lixeiro rediseño para mellorala forma de inserir elementos nas diapositivas.

A nova beta está dispoñibel para as plataformas Windows, Linux nas suas versions de 32 e 64 bits, e Mac. Co OpenOffice pasa sempre un pouco o mesmo coas suas presentacions de novas versions. Non parecen grandes melloras de fondo, pero á hora de instalalas e traballar con elas, a mellora parece evidente, de maneira que é cuestión de instalar e proba-lo seu funcionamento a fondo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario