miércoles, 27 de octubre de 2010

OS 8 MANDAMENTOS PRA OPTIMIZALO ESTADO DO TEU EQUIPO INFORMATICO

OS 8 MANDAMENTOS PRA OPTIMIZALO ESTADO DO TEU EQUIPO INFORMATICO


Co paso dos años e o uso continuado de calquer equipo é normal que xa non sexa tan robusto i estabel como o era ao principio. Nembargantes, sempre é posible aplicar alguns consellos antes de que sea demasiado tarde co fin de manter e optimizalo seu rendimento.


Estos son algunhas das recomendacions que SEMPRE debes seguir:


  1. Instala un bo antivirus: É quizais o paso máis importante se tes pensado conectarte a Internet, instalar aplicacions de fabricante dubidoso ou traballar con memorias extraibles,(pendrives) por só citar alguns exemplos. Dous aconsellabeis opciones son Kaspersky Internet Security ou Avast Home (gratuito)

  2. Elimina todo malware do equipo: Un dos grandes peligros de navegar por Internet sin un bo antivirus é a inevitabel invasión de todo tipo de virus e spywares. Pra acabar con todos eles, recomendamos tres aplicacions: SUPERANTISPYWARE , AD-AWARE FREE. E SPYBOT SEARCH & DESTROY

  3. Desfragmenta o disco duro periódicamente: O proceso de desfragmentación é bastante recomendabel en aqueles discos duros que soen cambiar moi a miudo, xa sexa mediante a instalación e desinstalación frecuente de programas, a descarga masiva de arquivos ou o almaceamento de ficheiros importantes. Con este proceso, os arquivos do teu disco duro organizaránse en áreas contiguas consiguindo así unha navegación entre ficheiros máis rapida. Podes usala ferramenta que Windows inclue por defecto ou unha alternativa como AUSLOGICS DISK DEFRAG

  4. Elimina arquivos temporais do disco duro: Estos arquivos soen permanecer no equipo, por exemplo, trala instalación de algunhas aplicacions ou ao navegar por Internet, ocupando un espazo innecesario no disco. A ferramenta CCLEANER é a más adecuada pra acabar con todos eles.(De balde)

  5. Determina qué programas se iniciarán co Windows: É bastante común que a instalación dun programa determine automáticamente que a aplicación teña que iniciarse automáticamente con cada sesión de Windows. Ésto provocará un inicio de sesión bastante máis lento do habitual e un consumo de recursos innecesario xa que, posibelmente, non necesitemos usa-la maioría de esas aplicacions . Podes amañalo coa axuda de ARRANGE STARTUP ou STARTUP BOOSTER

  6. Optimiza o rexistro de Windows: A modificación do registro de Windows pode permitirnos acelerar un pouco máis algunhas funcions do sistema ou todo o contrario se non realizamos uns bos axustes. Pra aqueles usuarios menos acostumados a este tipo de tarefas, existen aplicacions que limpan o rexistro automáticamente tales como WISE REGISTRY CLEANER ou FREE REGISTRY DEFRAG

  7. Desinstala TODO aquelo que NON necesites: Ao igual que os arquivos temporais, é moi posibel que despois de certo timpo o equipo teña algunhas aplicacions instaladas que leven tempo sin ser usadas, ou xa caducaran si se tratan de versions de proba, que están ocupando un espacio vital no disco duro. Windows inclue unha ferramienta por defecto para desinstalar programas pero, as veces, é necesario algo máis completo como TOTAL UNINSTALL ou REVO UNINSTALLER.

  8. Si non tes demasiado tempo, usa unha suite de optimización automática: Moitos dos consellos anteriores poden solucionarse directamente cunha ferramenta que nos permita melloralo rendimento do equipo, aumentalo espazo no disco e solucionar problemas. Quizá as opcions máis recomendabeis son TUNEUP UTILITIES ou NORTON UTILITIES ou GLARY UTILIES

    Estos son só alguns dos consellos que considero máis importantes anque tamén se poden aplicar outros como o mantemento do hardware, a actualización dos drivers do equipo ou a deshabilitación de alguns servizos de Windows.

No hay comentarios:

Publicar un comentario