sábado, 30 de octubre de 2010

Ubuntu 11.04: Banshee será o reproductor por defecto e outros trocos

Ubuntu 11.04: Banshee será o reproductor por defecto e outros trocos


Último día do Ubuntu Developer Submit e, por suposto, máis novedades. A máis chamativa: Banshee sustituirá a Rhythmbox como reproductor por defecto en Natty Narwhal. Nembargantes ainda hai que arranxar algunhas cousas, entre elas o espazo que ocuparía no CD, que debe reducirse.

Non foi o único troco: entre outros atopamos a incorporación de OneConf, unha ferramenta para sincronizar programas e configuracions entre ordeadores, e a desaparición de Gnome-Dictionary. Tamén, como xa se viña dicindo, LibreOffice virá incluido en lugar de OpenOffice, sempre e cando esté lista unha versión estabel para enton.

Firefox seguirá sendo o navegador por defecto (na sua versión 4) e a decisión de sustituir Evolution por Thunderbird foi posposta, anque agardase que para dentro dun ciclo ou dous de lanzamento se poda realizalo troco.

Nos comentarios que se poden ler noutros blogs hai posicions tanto a favor coma en contra de Banshee. Pola miña parte, non me gusta o troco: dende que o probé, non me gustou, creo que ainda debe mejjorar en moitos aspectos. Nembargantes ¿qué opinádes vosoutros? ¿Cómo vedes esta sustitución?

Vía | WebUpd8

Fonte | genbeta

No hay comentarios:

Publicar un comentario