sábado, 30 de octubre de 2010

Avert, un scaner on-line para dominalos a todos



Ningún antivirus é infalibel, é un mantra que repito constantemente cando alguen me pregunta aquelo de

Cál é o mellor antivirus?, así que tarde ou cedo teremos que acudir a unha segunda opinión si sospeitamos que algo se nos colóu no sistema. Neste caso o escaneo on-line do noso equipo pode ser unha boa solución. Pero existen moitas alternativas, cál elixir? Pues quedo-me con todas. Avert é un escáner on-line que permite-nos revisa-lo noso equipo ata con oito ferramentas distintas.

Asquared, ClamWin, Vba32, Trend Micro, VIPRE, Sophos, Panda e Avira son as opcions de escaneo on-line que poderemos executar con AVERT, onde na execución do escaneo poderemos elixir se o facemos con todalas ferramentas ou só con algunhas delas. Á vez incorpora a posibilidade de que o noso sistema sexa revisado con CCleaner, unha ferramenta imprescindible para moitos para manter ordeado o rexistro do noso sistema.

Unha das cuestions que pode ser máis peliaguda é instala-los ficheros de firmas dos antivirus, que realizamos no apartado da configuración onde si algunha dirección URL non ven por defecto debemos sustituila pola correcta. Á hora de configurar o modo de traballo, podemos elixir si só detectar o detectar i elimina-los virus. A parte boa é que sólo debemos face-lo unha vez, e a partir de enton actualizar.

Utilidades Avert

A parte negativa é o tempo que tarda no análisis, puesto que si o realizamos con tóda-las ferramentas de detección dispoñibeis, será bastante longo, sobre todo se realizamos un análise completo de todo o sistema. Unha vez rematado podemos acudir ó apartado dos informes, onde nos indicará o número de virus detectado e se poideron eliminar ou non.

Na miña opinión, a prueba efectuada con Avert deixoume bastante satisfeito co comportamiento desta ferramenta, que nos facilita a vida sobre todo pola facilidade por poder levala connos nunha memoria USB. Ten os seus inconvintes, como a necesidade de introducir as credenciales de acceso para que nos analice o Panda, pero polo demás traballa bastante ben. Ademáis o complemento de CCleaner da-lle un bo plus, baixo o meu punto de vista.

Vía | LifeRocks 2.0
Máis Información | Avert http://avertsoftware.com
En Genbeta | FortiClient, una completa solución de seguridade para os nosos equipos

No hay comentarios:

Publicar un comentario