martes, 26 de octubre de 2010

ESPECIAL CONTRASINAIS SEGURAS.

Seguimos cun ESPECIAL CONTRASINAIS SEGURAS.

Cunha selección de aplicacions para Linux, probadas todas en Ubuntu 10.04.


Dende costaweb non nos cansamos de repetir que hai un mundo mais alá de Windows, e incluso mais robusto, seguro e BARATO, posto que as diferentes opcions Linux son as mais delas de balde, coma UBUNTU. O que escrebe, Xoan Piñeiro, coñece un chisco o mundo Linux e se ben ao primeiro DA MEDO, logo de proba-lo (e coas novas versions non hai problemas para iso) posto que podemos probalo SEN TOCAR NADA NO ORDENADOR, simplemente seleccionamos na BIOS se nono temos xa (Cousa que debíamos) “Arrincar dende o cd” e reiniciamos o ordeador CO CD DE UBUNTÚ DENTRO e traballamos coma o chamado LIVE CD podemos usalo probando TODALAS funcions do sistema operativo, sen entrar no rexistro, logo de probalo e se nos gustou, temos duas opcions, ou ben, quitar Windows e instalar Ubuntu como sistema operativo do noso equipo, ou ben instalar DENTRO DE WINDOWS co cal ao prendelo ordeador danola opción de escóllelo S.O. ou ben Windows ou Ubuntu podendo traballar con calqueira dos dous a elexir.


Se o que res probar vaite a www.canonical.com ou www.ubuntu.es www.opensource.com ou a google e na busca pondo Ubuntu e elixindo calqueira opción


Lembra que para estar seguro de onde nos metemos na web, existen varias opcions, unha que vai incluida no SPYWARE TERMINATOR (Programa recomendado) e o WEB SECURITY GUARD, Outra opción mais coñecida é o McAFEE SITE ADVISOR. Ámbolos dous programas facendo unha busca en google, yahoo, ask, jujel, terra, msn, etc,,, indicanos cun símbolo de cores se a páxina e segura, insegura ou perigosa, somentes temos que tela precaución de estar atentos as cores e simbolos, se é unha v verde non hai problema, se é un x bermello MELLOR NON ENTREMOS, se é marelo quedamonos coa dubida así que buscaremos outra verde para estar certos do que facemos,



ESPECIAL CONTRASINAIS SEGURAS LINUX


Todolos programas reseñados, excepto un, podédes atopalos nos repositorios sin maior problema si usádes Ubuntu.(Non me cansarei de repitilo PROBADEO, quedaredes surprendidos). Supoño que noutras “distros” será semellante, pero por si acaso engado un enlace á páxina web de cada aplicación.


KeepassX

Keepass é o único programa que apareceu nos posts deste especial adicados a os tres sistemas, anque para MacOS e Linux é coñecido como KeepassX, o port para estas plataformas. E, ó igual que sucedeu ca versión de Windows, é sin dubida a mellor opción.


Podemos clasificalos contrasinais por grupos, engadindo novos a os xa existentes, bloquealo programa cun sólo clic si necesitamos deixalo ordeador por un rato e importar e exportar a varios formatos. Inclue tamén unha pequena utilidade para xerar contrasinais que é bastante persoalizabel.


A versión para Linux inclue unha característica moi interesante chamada Auto-type, que permitenos ingresalo nome de usuario e a contrasinal nun sitio web pulsando tan só unha combinación de teclas. As instrucciones para habilitalo e usalo podense atopar na axuda da aplicación.


Como a sua versión orixinal en Windows, permitenos protexela base de datos de maneira dobre por medio da contrasinal mestra á que podemoslle engadir un arquivo de clave ou por un dos duos medios


Enlace.- http://www.keepassx.org/start/



Revelation


Revelation está pensado para o entorno Gnome,(É unha das duas configuracions de presentación de escritorio que se poden atopar en Linux, a outra denominase KDE, ningunha é millor ou peor so depende do noso gusto) co cal integrase moi ben xa que inclue un applet (Un applet é un compoñente dunha aplicación que se executa no contexto doutro programa, por exemplo un navegador web. O applet debe executarse nun” contedor,” que o proporciona un programa “anfitrión”, mediante un plugin (exemplos doados desto son Java, GTK; ou Net.Framework )) que permite-nos busca-los contrasinais dende o panel.


Permitenos acceder ao sitio web cun só clic, anque nin nome de usuario nin contrasinal aparecen no formulario de ingreso. Nembargantes, podemos copiar o contrasinal dende o menú.
En canto á xestión propiamente dita, clasificanos os contrasinais en 10 tipos diferentes: tarxetas de crédito, FTP, sitios web, accesos SSH, correo, PIN de teléfonos, claves de portas, bases de datos e claves xenéricas. Segúndo o tipo que sexa, podemos personalizar o comando que se executará ao facer dobre click.


Podemos crear cartafois para manter ordeados os contrasinais e importar e exportar en varios formatos. Inclue un xerador de claves e unha opción para comprobala fortaleza dos contrasinais. Si o programa permanece inactivo durante o tempo que delimitemos (15 minutos por defecto), bloquearáse o arquivo e deberemos introducir de novo o contrasinal para poder acceder a él.


Enlace | Revelation http://oss.codepoet.no/revelation/wiki/home



Gorilla


Gorilla é unha aplicación multiplataforma que non destaca precisamente pola sua interfaz amigabel e moderna, que pode resultar un pouco “árida” para usuarios novos. nembargantes, é sinxela de usar e cumpre perfectamente a función para a que está pensada: conservalos nosos datos de maneira segura.


Ao igual que os anteriores, os contrasinais gardanse nun arquivo cifrado, co que podemos levala nosa base de datos a onde queiramos. Tamén conta ca característica de autobloqueo: deixamos de usalo durante un rato e volvenos a pedilo contrasinal.


Podemos xerar contrasinais de maneira automática e persoalizar dita xeración indicando cousas coma o número de caracteres, o uso de mayúsculas, díxitos, etc. En canto á integración co sistema, o único que nos permite é copiar o nome de usuario ou o contrasinal ao portapapeis para logo pegalos no formulario de ingreso.


Por último, en canto a sua relación con outros programas similares, sólo permite exportar a un arquivo de texto plano ou a un CSV, pero non permite exportar.


Enlace | Gorilla http://wiki.github.com/zdia/gorilla/



LastPass Pocket


O xestor de escritorio do servizo on-line ten a sua versión para Ubuntu 10.04. Nembargantes, ocurre exactamente como no outro sistema: é un xestor que non vai máis alá de permitir facer un respaldo do que tenemos on-line. Non é posibel engadir nin modificar contrasinais, de maneira que se non queremos pasar por este servizo, LastPass Pocket NON é unha alternativa.


Agora ben, si usádes LastPass como xestor de absolutamente todolos datos cifrados de que dispomos, sempre é convinte contar con él para facer respaldos, que nunca se sabe se ao noso ISP vaille a dar un ataque e vainos a deixar sen conexión e, polo tanto, sen acceso aos datos.


Enlace | LastPass Pocket https://misc_download.php


No hay comentarios:

Publicar un comentario