jueves, 28 de octubre de 2010

FortiClient, UNHA COMPLETA SOLUCIÓN DE SEGURIDADE PARA OS NOSOS EQUIPOS

FortiClient, UNHA COMPLETA SOLUCIÓN DE SEGURIDADE PARA OS NOSOS EQUIPOS


Cando un xa leva un tempo traballando con sistemas informáticos termina por probar todo tipo de antivirus gratuitos. Moitos teñen unha fama merecida e cando preguntamos por antivirus gratuitos enseguida surden dous ou tres nomes como os máis habituales. Hoxe imos a falar de FortiClient, unha completa solución de seguridade para os nosos equipos que tamén tenemos disponibel de forma gratuita.


Avast, AVG, Microsoft Security Essentials, o Panda Cloud son algun dos máis habituais nestos momentos e dos máis utilizados. Elixir entre un ou outro depende en moitos casos de manías personais ou de enfados puntuais según se nos teña colado ou non algún virus. Ningún antivirus é perfecto. É un tema que non acabo de atopar un antivirus gratuito que me de toda a funcionalidad que necesito o que traballe como me gustaría, e a verdade sexa dita, é que con FortiClient se achega moito a o que eu lle pido a un antivirus.


A descarga do paquete de antivirus nos ven cun Firewall e cun cliente VPN para administralas conexions de este tipo nos nosos equipos. Aquí notase que é unha suite enfocada a un mercado profesional, posto que na mayoría dos fogares non se utilizan este tipo de conexions que si son moi frecuentes nas empresas. De feito, Fortinet, a empresa que nos facilita o antivirus está especializada en dispositivos de seguridade para as empresas, tanto de software como de hardware.


Á hora de instala-lo podemos elixir si queremos instalar xunto co antivirus ambos programas ou non. Si utilizamo-los valores de instalación por defecto instalarán-se tanto o Firewall coma o cliente VPN. Existe unha versión de pago que engade algunhas funcionalidades extra, como son a protección Antispam ou a administración do mesmo mediante unha consola centralizada.


Durante a instalación ademáis de elixir si instalamos cortafogos e VPN tamén nos pedirá alguns parámetros que determinarán o axuste á hora de realiza-los análisis. Nos ofrece a opción de executar optimizado, que conxuga rendemento do equipo co nivel de seguridade, dependendo da capacidade dos nosos equipos. Se trata de buscar unha boa seguridade sin merma-lo rendimento do equipo. De todas formas posteriormente podemos modifica-los parámetros na configuración da consola.


Forticlient ten algunhas das cousas que me resultan moi útiles, como a opción de manter a configuración do antivirus baixo o noso control engadindo un contrasinal, unha alternativa que pode ser moi útil se o voso ordeador é compartido por varios miembros da vosa familia, por exemplo. Desta maneira si temos realizado un filtrado web, por exemplo, limitando o acceso a certas páxinas podemos estar seguros que non poderán trocar a configuración do antivirus para modifica-lo.


Podemos establecer varios perfis de filtrado web, a través dos cais podemos limita-lo acceso a certo tipo de contidos. Esta opción é moi interesante en distintos ámbitos e moi potente si facemos unha configuración en base a verbas ou términos clave para limita-lo acceso a determinados contidos. Non é o ideal, pero permite-nos un bo control para os nosos fogares.


Respecto ás opcions de detección de virus, análise do equipo e protección creo que non ten nada que envidiarlle a outros antivirus, xa sean gratuitos ou non. Actualizacions diarias dos ficheiros de firmas de detección, un consumo de recursos que non disminue o rendemento do equipo son algunhas das características que nos aporta este antivirus.



Actualmente se atopa na versión 4.2 i está disponibel para Windows 2000, XP, Vista e 7 tanto en versions de 32 como de 64 bit. Tamén ten disponibeis versions para Windows Server 2003 e 2008 tanto en 32 como en 64 bit. Require un mínimo de memoria de 128 MB na versión para Windows 2000 e 512 nas versions máis recentes de Windows.


En definitiva, podemos decir que FortiClient é unha boa opción pra a protección dos nosos equipos, quizás non é tan conocida como otras opcions gratuitas de antivirus, nin ten tanta sona, pero é tan efectiva como a que máis. Ademáis ten un enfoque profesional que facilita algunhas opcions das que habitualmente carecen outros antivirus gratuitos, o que lle da un plus para todos aqueles que queren dispor dun extra de seguridade.



MáIs Informazón | FortiClient

En Genbeta | Avast Antivirus 5 ya disponible para descarga

No hay comentarios:

Publicar un comentario