jueves, 28 de octubre de 2010

GALICIA CONFIDENCIAL, SUPERA OS DOUS MIL SEGUIDORES EN FACEBOOK.

GALICIA CONFIDENCIAL, SUPERA OS DOUS MIL SEGUIDORES EN FACEBOOK.


Galicia Confidencial supera os 2.000 seguidores en Facebook

O peso da audiencia dos medios en galego é proporcionalmente moito maior na rede que nas edicións impresas. Clasificación do seguimento da prensa de Galicia no Facebook no interior.

O GC superou este luns a barreira dos 2.000 seguidores na rede social Facebook. Dende Galicia Confidencial queremos agradecer o apoio aos lectores que nos consultan por este e outros medios.


A cifra é relevante comparada con outros medios de comunicación galegos que contan con moitos máis medios que GC. De feito, é maior que a de algúns diarios en papel editados en Galicia.


Manter un diálogo cos lectores é clave para captar seguidores de Facebook. Así o demostra o éxito dunha das publicacións electrónicas comarcais que colabora con GC. O Xornal Certo do Barbanza suma máis de 2.800 amigos.


Son relevantes tamén os bos datos de ANT Diario e Diário Liberdade (os dous 100% en galego) e Xornal de Galicia (con maior uso do galego que outros diarios en papel). Trátase dun iindicio de que os galego falantes son máis activos no seguimento dos medios en internet que na súa compra en papel.


Esta é unha lista de diarios, a título ilustrativo, segundo número de seguidores en Facebook, con datos do luns 11 de outubro:


  1. 8.724 La Voz de Galicia

  2. 2. 6.661 A Nosa Terra

  3. 3. 4.718 Xornal de Galicia

  4. 4. 2.800 Xornal Certo

  5. 5. 2.235 Faro de Vigo

  6. 6. 2.005 Galicia Confidencial

  7. 7. 1.686 Diário Liberdade

  8. 8. 1.151 El Correo Gallego

  9. 9. 1.070 La Opinión de A Coruña

  10. 10. 874 El Progreso de Lugo

  11. 11. 870 Galicia Hoxe

  12. 12. 579 Galiciae


    Galicia Confidencial superou recentemente os 2.000 usuarios únicos ao día. Agora estamos a traballar para abrir novas canles de interacción co público, co fin de facer máis plural a información fornecida por este diario electrónico.

    Permanezan atentos as súas pantallas, máis novidades proximamente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario