martes, 26 de octubre de 2010

FACEBOOK LIVE, A REDE SOCIAL LANZA O SEU SERVIZO DE LIVESTREAMING

FACEBOOK LIVE, A REDE SOCIAL LANZA O SEU SERVIZO DE LIVESTREAMING


Dentro de poUcas horas Facebook empezará a retransmitir en vídeo o primeiro evento en directo co seu servizo Facebook Live, a sua nova ferramenta para poder emitir vídeos en directo coa colaboración de Livestream.


Facebook Live componse de duas zonas: na imaxe podédes velo vídeo en emisión do momento (en fase de probas) mentres que á sua dereita temos unha barra lateral na que podemos deixar comentarios e incluso enviar preguntas relacionadas co tema do vídeo a un moderador ca posibilidade de que se comenten dende o mesmo evento en directo. Por suposto, tamén podemos compartir e enviar a retransmisión ao resto de redes sociais cuns botons emprazados para elo.


Con esta estrea, a maior rede social do mundo poderá retransmitir eventos como a mesma conferencia f8, otros eventos de prensa de terceiras persoas ou conversacions directas coa equipa de desenrroladores do servizo. Que unha rede social teña o seu propio servizo de retransmisión de vídeos en directo no deixa nada indiferente, e amosa ata ónde pode chegar o tamaño e influenzas de Facebook.

No hay comentarios:

Publicar un comentario