martes, 26 de octubre de 2010

PICASA 3.8 XA DISPOÑIBEL CON NOVAS FUNCIONS

PICASA 3.8 XA DISPOÑIBEL CON NOVAS FUNCIONS


Google acaba de lanzar a versión 3.8 de PICASA, o xestor persoal das nosas fotos dixitais é o principal competidor de iPhoto. E esta vez consigüiu engadir funcions que non se atopan na aplicación de Apple, tales coma o bautizado Face Movie.


FACE MOVIE permitenos, aproveitando o sistema de recoñecemento facial xa presente no programa, crear películas dunha persoa concreta do noso álbum mantendo o seu rostro centrado nunha mesma posición mentras as suas diferentes fotografías vanse intercalando. Desta forma conseguese un efecto canto menos curioso.


Ademáis deso, Picasa 3.8 permitenos subir grupos enteiros de fotografías a Picasa Web Albums, tratalas directamente co servicio Picnik e un novo panel de propiedades de cada imaxe. Picasa é COMPLETAMENTE DE BALDE (o que non quere dicir que sexa cativo,) e esta nova versión podese instalar en Mac OS X e en Windows XP, Vista e 7. Tamén hai unha versión para Linux, anque de momento segue sen estas novedades e atopase en fase beta(Fase PREVIA ó seu lanzamento aínda en probas.)

No hay comentarios:

Publicar un comentario