jueves, 28 de octubre de 2010

FACEBOOK INVESTIGADA POR ERROS DE PROTECCIÓN DE DATOS

FACEBOOK INVESTIGADA POR ERROS DE PROTECCION DE DATOS


A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) abreu unha investigación a Facebook. O obxetivo é determinar si se vulnerou a normativa española de protección de datos e os dereitos de usuarios do noso país por transmisión de datos de usuarios mediante distintas aplicacions dispoñibeis na rede social


No marco destas actuacions de inspección iniciadas, a AEPD remitirá un requeremento a Facebook para que informe, entre outras cuestions, sobre si se viron afectados usuarios en España.


A apertura da investigación produce-se tra-la denuncia remitida á AEPD pola Asociación de Consumidores e Usuarios en Acción-FACUA.


O diario Wall Street Journal levantaba a información de que diversas aplicacions dispoñibeis en Facebook transmitiron información ás empresas sobre a identidade de millons de usuarios, violando así as normas de confidencialidade da rede social,


Según el WSJ, os programadores de algunhas das aplicacions máis populares de Facebook , como Farmville (con 80 millons de usuarios ao mes) ou Texas Holdem Poker, pasaron a anunciantes e empresas de recollidas de datos de internet información coma o nome do usuario e os de seus amigos "incluiendo aqueles que tiñan configurado a privacidade para que o seu perfil sexa totalmente privado", afirma o xornal.

Facebook recoñeceu a información e que estas aplicacions estiveron transmitindo información de identificación de usuarios sin o seu consentemento que da acceso a nomes e, nalguns casos, contactos.


A compañía considera que "se exaxerou as consecuenzas" anque afirma que traballa para solucionar o problema.



AS 10 APLICACIONS QUE TRANSMITEN DATOS


Según o Wall Street Journal, estas son as 10 populares aplicacions de Facebook que transmiten datos dos usuarios, a maioría creadas por Zynga, a compañía californiana responsabel de Farmville

  1. Farmville

  2. .Phrases

  3. Texas HoldEm

  4. Frontier Ville

  5. Cause

  6. Café World

  7. Mafia wars

  8. Quiz Planet

  9. Treasure Isle

  10. IHeart

A PRIVACIDADE NO PONTO DE MIRA


Facebook se enfrentou en repetidas ocasions a problemas sobor a intimidade dos seus usuarios a medida que o servizo evolucionou e medrou ao longo dos anos.


Unha iniciativa de 2007 chamada Beacon, que publicaba a actividad dos usuarios de Facebook en outros sitios web dentro da propia rede social, provocóu unha forte reacción en contra ao verse expostas actividades coma compras en comercios electrónicos, Zuckerberg tuvo que pedir disculpas tra-las críticas.


A empresa tamén se enfrentou a numerosas queixas o ano pasado cando propuso unha serie de trocos na configuración de privacidade que permitía facer certa información visibel a tódolos usuarios do servizo en lugar de sólo aos amigos.


O propio CEO e fundador da rede social, Mark Zuckerberg, veu-se obrigado a entona-lo 'mea culpa' tra-lo revolo causado polos trocos implementados en Facebook en maio de 2010 en torno á política de privacidade nun mail privado escrito a un blogueiro de Silicon Vallei admitía que se cometeran "un montón de erros" tratando a información persoal dos seus membros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario