jueves, 28 de octubre de 2010

AUDIOGALAXY VOLVE RECONVERTIDO NUN REPRODUCTOR DE MÚSICA NA NUBE

AUDIOGALAXY VOLVE RECONVERTIDO NUN REPRODUCTOR DE MÚSICA NA NUBE



Houbo un tempo pasado, e polo tanto mellor, no que unha aplicación chamada AudioGalaxy axudabanos a descargar cancions dunha maneira excepcional. Fai dez anos esa aplicación contaba cun buscador web, un catálogo inmenso, unha boa base social e unha velocidade superior ás alternativas. Pero enton veu a RIAA, a SGAE americana, e obrigóu o seu peche de maneira similar a o que sucedeu con NAPSTER.


Ahora, Audiogalaxy volve como un servicio web 100% gratuito que nos permite acceder a nosa biblioteca musical en calquer ordeador. Compatible cos principais navegadores, tamén desembarcou silenciosamente en iPhone e Android con aplicacions gratuitas. Nembargantes, o programa cliente necesario para envia-las cancions soio está dispoñibel para Windows e Mac, así que por agora non podes transmiti-la música dende Linux.


O funcionamento é simple e directo: tras instalar esa pequena aplicación subirá ao servidor de Audiogalaxy a lista das primeras 200.000 cancions que atope no teu disco rixido. O proceso tardará un pouco, pero executa-se en segundo plano e mentras tanto podemos escoita-las cancions que xa se teñan indexado. Ademáis, importará-nos as listas de iTunes automáticamente.


Para reproducir esas cancions debemos ir á páxina de Audiogalaxy, pero hai que ter en conta que o ordeador de orixe debe manterse aceso e activo. Este é o principal problema que atopo no seu uso, xa que a aplicación vai máis lenta que outros servizos como Spotify o Grooveshark precisamente por empezalo streaming dende o noso ordeador e pasar polo seu proxy.


O lado bo é que podemos reproducir calquer canción da nosa biblioteca, sempre que estéa en MP3 ou AAC. En líñas xerais non está mal para sacarnos dun apuro concreto, pero si planea ser o noso reprodutor principal necesita pulir bastantes aspectos. Sin ir más lonxe, a interface web podería ser máis atractiva, ou a integración con Facebook podería ir máis alá que so a pasarela de identificación.


É este un digno sucesor do programa orixinal? Claramente non. Os propios creadores afirman que a sua idea é ofrecer unha experiencia máis sociabel, onde se puidesen compartir/descargar cancions de maneira legal e a comunidade fora o máis importante. Todavía é cedo e teñen tempo para mellorar, pero debido ás leises e discográficas estadounidenses non teñen moito marxe de manoubra. Que lle-lo comenten a Spotify…


Vía | GigaOM

Sitio oficial | Audiogalaxy.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario