martes, 5 de marzo de 2013

WINDOWS: Qué programas deberías desinstalar


Coa cantidade de programas que hai disponibles, é moi doado que o teu disco duro se quede pequeno ou que o Windows se volva máis lento. Algo parecido ocurre cos programas preinstalados dos ordeadores novos.
A solución pasa por desinstalar os menos útiles ou os que non uses. Nembargantes, non sempre é doado saber qué programas deberías desinstalar. Podes preguntarle a teus amigos ou a utilidades como Should I Remove It. Cha presentamos.
Should I Remove It é unha utilidade para Windows que analiza os programas instalados no teu ordeador e diche se deberías desinstalalos. A razón? Pode que faga mal o seu traballo, pode que volva máis lento o teu equipo...
Para chegar a esta conclusión, Should I Remove It utiliza a información proporcionada polos demáis usuarios, que puntúan os programas e os desinstalan se non lles son útiles.

A lista que amosa Should I Remove It ven ordeada de máis a menos desinstalable, é dicir, os primeiros programas son os que menos gustaron a os demáis usuarios de Should I Remove It. Os programas máis desinstalables veñen marcados en bermello ou laranxa. En verde, significa que son útiles, si ben alguen o desinstalou.

Facendo clic en cada programa, obterás o autor, o número de versión, cándo o instalaste e dous botons: un que te levará á web de Should I Remove It e outro para desinstalar o programa.

Dende a páxina web de Should I Remove It obterás máis información sobre ese programa, coma o porcentaxe de usuarios que o desinstalaron, qué arquivos forman parte do programa e cómo desinstalalo.

Artígos relacionados

¿Qué programa crees que deberíamos desinstalar?

No hay comentarios:

Publicar un comentario