jueves, 7 de marzo de 2013

Microsoft multado con 561 millons de euros por non incluir a Browser Ballot

Microsoft
A Comisión Europea impuxo unha multa de 561 millons de euros a Microsoft por non incluir no Service Pack 1 de Windows 7 a Browser Ballot, a xanela que permite ao usuario seleccionalo seu navegador preferido en lugar de ter Internet Explorer instalado e seleccionado por omisión.
Lembremos que en decembro de 2009 Microsoft chegou a un acordo coa Comisión Europea polo cal comprometíase, durante cinco anos, a incluir nos ordenadores con Windows vendidos na área económica europea unha xanela  que permita aos usuarios elixir doadamente qué navegador queren instalar no seu ordenador, como xa vimos fai anos.
Botando a vista atrás, lembraremos que este acordo chegou a raíz dunha investigación por parte da Comisión Europea que chegou a concluir que Microsoft infrinxiu as leixes antimonopolio, abusando da sua posición dominante no mercado dos navegadores, i establecéndose enton unha multa de 899 millons de euros.
€561m fine for #Microsoft – @eu_commission has acted because they did not give users the web browser choice they agreed with me in 2009
— Neelie Kroes (@NeelieKroesEU) 6 de marzo de 2013

A normativa contempla sancions de hasta o 10% do beneficio do ano fiscal anterior; neste caso a porcentaxe contemplada é o 3% do beneficio de Microsoft en 2012. As principais razons para “atenuar” esta sanción son, por unha parte, admitir que hasta 15 millons de usuarios non viron a Browser Ballot ao actualizar seus equipos ao Service Pack 1 de Windows 7 entre maio de 2011 e xullo de 2012, e por outra parte ter colaborado coas autoridades europeas ao longo da investigación.

Más información | Europa

BY: Xoan Piñeiro-

No hay comentarios:

Publicar un comentario