miércoles, 20 de marzo de 2013

Ubuntu recorta o periodo de suporte de versions non-LTS


actualizaciones Ubuntu
A Xunta Técnica de Ubuntu decideu reducir á metade o periodo de suporte das versions non-LTS, que queda establecido en nove meses. Tamén votou en contra de implementar o modelo rolling release en Ubuntu. O novo programa de mantemento porase en marcha a partir de Ubuntu 13.04 Raring Ringtail.
O argumento para reducir o soporte das versions non-LTS, é dar aos desarrolladores máis tempo para concentrarse nas probas de paquetes, que os usuarios poden actualizar entre versions principais, e liberar recursos na empresa.
Respecto de adoptar o modelo rolling release en Ubuntu, o plantexamento cobrara forza dende a cumbre de desarrolladores de Ubuntu (UDS), ata que o líder do proxecto, Mark Shuttleworth, pronunciouse ao respecto. A Xunta técnica respaldou o seu parecer, contrario ao modelo rolling release (tal e como o implementa Arch Linux).
O modelo de actualización continua non acaba de encaixar en Canonical, que non quere renunciar a seu plan de lanzamentos programados. Nembargantes, vai a permitir aos usuarios seguilo enfoque de desarrollo de Ubuntu sin ter que realizar actualizacions explícitas, a través das imáxes diarias que publica. O que non precisa a Xunta Técnica é exactamente cómo.
Vía | The H Open

No hay comentarios:

Publicar un comentario