jueves, 21 de marzo de 2013

Facebook quere estrear seus propios hashtags para seguir "twitterizándose"

facebook nueva barra diseño
Facebook cada vez se alonxa máis do que era nun principio. É considerada o patrón orixinal dunha rede social, pero as últimas novedades e seu fundador afirmando que quere convertilo portal nun “periódico persoalizado” xa nos deixan ver por ónde queren ir. Agora parece que o  seu seguinte paso é extender o uso de hashtags, nun intento de conseguir que se popularicen como xa pasou no Twitter.
Si pola palabra hashtag non sabedes do que falo, é doado: tratase desas palabras que nos tuits están precedidas dunha #almohadilla. Desta forma, a través delas, podemos acceder a toda a información relacionada desa palabra. Non hai datos concretos acerca de cómo se implementarían esos hashtags en Facebook (nin tampouco unha data concreta para que eso pase), pero cambiaría bastante o modo no que navegaríamos pola rede social en busca de novas.
Me maxino, por exemplo, facendo click enrriba dun hashtag e vendo unha lista de entradas públicas por parte de usuarios e de páxinas de Facebook, todas fusionadas nunha páxina especial dese hashtag. Os expertos en Social Media xa o deduciron: pode ser unha mina douro para as operacions de marketing e social media.
Falta ver si esto é o que realmente queren os usuarios. Facebook está optando por seguilo mesmo camiño de Twitter e intentar convertirse nun centro neurálxico para ver tanto o que lles pase a nosos contactos como o que pase por todo o mundo en xeral. Pero unha rede social como Facebook, coas críticas que leva arrastrando últimamente, pode cometer un erro indo por un camiño que os usuarios non queiran seguir. Veremos, si finalmente se implementa, qué efectos terá no uso que lle damos a Facebook diariamente.
Vía | The Next Web

No hay comentarios:

Publicar un comentario