miércoles, 6 de marzo de 2013

Whatsapp xa non será gratis, será de pago para os usuarios de Android

A anovación da aplicación para os dispositivos do popular sistema operativo costará 78 céntimos ao ano. Os usuarios de iPhone realizarán un pago único

Co difunto Messenger de Microsoft -xubilado agora por Skype- tamén pasaba. A idea vertebraba centos de cadeas de mensaxes que voaban dun lado a outro prometendo que si se rebotaba a un certo número de contactos, o moneco que poñía cara á plataforma se poñería azul como señal de que un se libraba de apoquinar relixiosamente unha cuota que nunca terminaba de chegar. En apenas tres anos de vida, Whatsapp tamén foi obxeto da rumoroloxía con varios supostos avisos de que en calquer intre usalo xa non sería gratuíto. Nembargantes, nesta ocasión resulta verdade. O popular servizo de mensaxería móbil empezou a cobrar pola renovación das licencias aos usuarios de Android, que hasta agora non tiñan que abonar absolutamente nada.
Supostamente, Whatsapp sempre foi de pago. Cando un accedía a Google Play recibía un aviso de que, tras un primeiro ano sen coste algun, o prezo anual por seguir usándo-o sería de 0,99 dólares (0,78 euros ao cambio). Nembargantes, os millons de usuarios de teléfonos co sistema operativo Android instalado seguían renovando a sua licencia e disfrutando sin que ese momento, o de pagar, chegase. Agora, a compañía creada por Jam Koum e Brian Acton decideu por punto e final a estos beneficios fronte a outras plataformas como iOS de Apple, na que un pago de 0.89 euros da dereitos vitalicios; ou Blackberry e Windows Phone, que cada 365 días teñen que cumplir relixiosamente coa cuota.
Moitos usuarios de Whatsapp empezaron a recibir un aviso de que a sua versión está a punto de caducar, invitándolles a renova-la. Se non o fan, un deixa de poder enviar mensaxes, que tampouco recibe. Con tan solo tres simples pasos, os mesmos que se facen con calquer outra compra nunha tenda de aplicacions, está solucionado.
Más de 10 millons de descargas en España
Whatsapp manexa cada 24 horas máis de mil millons de envíos en todo o mundo, incluindo fotos, vídeos e grabacions de audio. En España fai tiempo que superaron os dez millons de descargas. A decisión da empresa, fundada por dous ex empregados de Yahoo!, obedece á necesidade de rentabilizar a inxente parroquía que ten en Android, posiblemente empuxados por fondos de capital risco e outros socios que queren ve-los froitos das suas inversions ao longo destos anos. Máis ainda cando Koum e Acton esquivaron o pasado ano as ofertas que Mark Zuckerberg lles fixo para adquirir a empresa e sumala ao catálogo de Facebook, ao igual que hiciese meses antes con Instagram.
Line, un peligroso competidor
O momento, para moitos, non parece o idóneo. A competencia de Whatsapp no mundo da mensaxería instantánea é maior ca nunca pero o simbólico do pago pode evitar una fuga masiva. Entre os que máis terreno lle están comendo, destaca Line, lanzada en Xapón en 2011 tralo terremoto e o posterior tsunami que golpeou o país nipón. Entre os españois xa conta cunha penetración superior ao 30% e o seu éxito ven marcado pola posibilidade de facer chamadas e polos populares stickers, elaborados guiños que deixan aos emoticonos na prehistoria gráfica.
Outras alternativas gratuitas ao Whatsapp son Spotbross, creada por un grupo de españois e que recentemente rebasou o millón de usuarios; Viber, Pinger ou Chad2win, que paga pequenas cantidades ao usuario por visualizala publicidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario