jueves, 14 de abril de 2011

Ubuntu descarta instalar software privativo por defecto

ubuntu-3D-logotipo

En febreiro deste ano, o Consello Técnico de Ubuntu recibeu unha petición para que na próxima versión, Natty Narwhal, o instalador Ubiquity contemplara a instalación por defecto de software de ámbito privado.

A argumentación para esta petición amparaba-se en dous razoamentos, un de índole legal e o outro relativo á “usabilidade” da distribución. Legalmente, habíase estudiado sr a instalación por defecto de software de terceiros contraviña algunha cláusula da licenza de software para usuario final (EULA) e dende esa óptica non había maior problema en que se fixera.

Dende o punto de vista da usabilidade, argumentaba-se que era un inconvinte para os usuarios que se acercaban a Ubuntu por primeira vez, o que determinado software ao que están acostumados na esfera dos sistemas operativos non ceibes non estuvera presente.

Queremos software ceibe para dominar o mundo! Y queremos que creza máis alá dos límites dos aficionados e fidelizar usuarios ocasionais non técnicos no mundo do software de código aberto. Para facer esto temos que coincidir coa experiencia que reciben de software propietario. Por exemplo a xente agarda que YouTube funcione igual. Si YouTube non funciona, dirán, “probei este novo equipo, vía-se moi bonito, pero cando fun a YouTube non funcionou, así que quiero volver a usa-lo meu Mac / PC”.

Pues ben, a proposta foi rechazada a finais de Marzo por unanimidade na reunión do Consello Técnico: a favor 0, en contra 5, abstenciones 0. Por tanto, os usuarios de Ubuntu debemos seguir instalando a posteriori software de terceiros se queremos ver un vídeo encapsulado en flash ou escoitar música con formatos non ceibes, por poñer un exemplo.

Vía | launchpad
Imagen |
Andrew Mason

No hay comentarios:

Publicar un comentario