viernes, 15 de abril de 2011

Disponible Ubuntu 11.04 beta 2: Unity veu pra quedarse



Cumplindo o calendario, xa podemos descargar a beta 2 de Ubuntu 11.04. Esta segunda beta sustitueu no calendario de Natty á Release Candidate, co que non teremos ésta última nesta ocasión. O próximo que saberemos de Ubuntu será o lanzamiento da versión definitiva.

Respecto á beta anterior, nésta nos encontramos con correccions de errors, melloras de estabilidade, e alguns trocos cosméticos e arreglos na interfaz. Como sempre, recomendase mellor descargala vía torrent, que irá moito máis rápido que a descarga directa (xa se sabe como se poñen os servidores nestas ocasions).

E pouco antes do lanzamento desta beta, saleu otra nova relacionada cos últimos comentarios que se estaban facendo en relación coa incorporación ou non de Unity en Natty, dando por fin por zanjada a cuestión.

A cousa é así: si recordades, fai uns días F. Manuel facíase eco por aquí do rumor que circulaba acerca de que Unity terminase por non vir neste próximo Ubuntu. Nembargantes, onte Rick Spencer, Desktop Engineering Manager de Ubuntu, dixo na lista de correo de desenrrolo que definitivamente Unity virá como escritorio por defecto no 11.04.

O Desktop Team todavía está convencido de que Unity proveerá a mellor experiencia para a maioría de usuarios, de que é o suficentemente estable como para lanzalo e de que será máis estable a medida que se acerque a versión final.

Polo tanto, Unity é o que nos encontraremos ao terminar de arrancar o sistema na versión final, pero si non nos gusta ou vemos que non funciona como agardábamos, sempre poderemos usar o escritorio clásico de Gnome, que tamén virá incorporado. Pero dado que os conflictos entre Unity e Compiz, os cuales eran os causantes de moitos dos erros, xa se arreglaron nesta beta 2, creo que podemos confiar en que nos encontraremos con un bo sistema de escritorio ao chegar a versión final dentro de duas semanas.

Vía | OMG! Ubuntu! y NovatillaSku
Descarga | Ubuntu 11.04 beta 2

No hay comentarios:

Publicar un comentario