jueves, 14 de abril de 2011

20º Aniversario de Linux


En agosto de este ano, cumplirá-se o vixésimo aniversario do famoso anuncio por parte de Linus Torvalds “Hello everybody out there using minix – I’m doing a (free) operating system…“. Todo un hito na historia da informática.

The Linux Foundation conmemorará entre os días 17 a 19 de agosto en Vancouver (Canadá), o 20º aniversario do nacemento do núcleo do sistema operativo GNU/Linux. Con este motivo e para ir preparando o evento, The Linux Foundation creou dentro do seu portal unha páxina, cuxo enlace deixo a pé de artígo, para animar a seguidores e entusiastas a participar activamente na celebración.

Dende esta organización sen ánimo de lucro, que fomenta o crecemiento de GNU/Linux, invita-se á participación a través dun concurso de vídeos e outro para o deseño da camiseta oficial do 20º aniversario. Todos podemos participar, ademáis de enviar comentarios ou escribir a nosa experiencia persoal con GNU/Linux nestos 20 anos.

Más información | The Linux Foundation 20th Anniversary

No hay comentarios:

Publicar un comentario