martes, 12 de abril de 2011

Rumor: captura de pantalla da posibel tenda de aplicacions de Windows 8


Windows 8 App Store

A tendencia actual dos sistemas operativos está claro que vai ata a inclusión dunha tenda de aplicacions no propio sistema, simplificando ao máximo a búsqueda e instalación de software e, de paso, permitindo ao fabricante en cuestión levarse unha porcentaxe da venda. A que provocou a explosión foi a App Store de iOS, dispondo hoxe de tendas para a totalidade de plataformas móbeis e dos das plataformas maioritarias (OS X e Ubuntu).

E Windows non se vai quedar atrás. Apareceu por Internet unha captura de pantalla que suxire unha interfaz para unha tenda de aplicacions análoga á de OS X, pero integrada perfectamente en Windows 8 (i é de agardar que distribuible a través de Windows Update a Windows 7). Anque, persoalmente, dubido bastante de sua autenticidade, ao menos tal como se plantexa.

¿Por qué colleremos con pinzas a captura que puedes ver no máis alto de este artígo? Para empezar polo título da xanela: utiliza-se o térmo App Store, actualmente rexistrado por Apple. Lembremos que fai apenas tres meses Microsoft intentou bloquear o rexistro desta marca. No caso de que Microsoft lanzara unha tenda de aplicacions, como é de agardar que acabe facendo, seguramente incluiría o térmo Marketplace.

Ah, también se integraría nela o que hoxe coñecemos como Windows Anytime Upgrade, si facemos caso á aparición de Windows 7 Ultimate na barra lateral da derecha, o cal é outra razón tamén para dubidar da autenticidade da captura.

Por outra parte se nos fixamos vemos que a interfaz é case idéntica a do Windows Media Player 12, e de regalo vemos algunha incoherencia como que Angry Birds non aparece distribuido por Roxio, o que vemos en primeiro plano un bonito icono do navegador Opera. Poderíamos considerar que eso non é operativo ainda e que os datos que vemos son simple recheo (por non usar o típico Loren Ipsum, vaia), ou ben que é algún tipo de fake de alguen con moito tempo ceibe. Ou, no caso concreto de Opera, pode que teña seu oco na App Store pola mesma razón que o ten na Browser Ballot.

Sexa o que sexa imos a lembrar que Windows 8 todavía está nunha fase moi temprana de desenrrolo i é de agardar que queden varios meses hasta que empecen a aparecer betas públicas (se seguen a mesma estratexia que con Windows 7), polo que todo esto que estamos vendo puede trocar radicalmente en próximas builds.(Configuracións)

Via | DownloadSquad

No hay comentarios:

Publicar un comentario