miércoles, 20 de abril de 2011

FreeStudio, unha navalla suiza para teus arquivos multimedia

FreeStudio, una navaja suiza para tus archivos multimedia
Moitas veces cando a xente che pregunta por algún programa para traballar con arquivos multimedia buscades algo que sirva para casi todo, que permita convertir todo tipo de arquivos, descargar vídeos ou audio de YouTube, grabar en medios ópticos ou incluso edita.los arquivos multimedia. Por suposto a ser posible gratuito. Todas estas características as podemos atopar en FreeStudio, unha navalla suiza para os teus archivos multimedia.

Porque trata-se dunha ferramenta moi sinxela no seu uso, que nos permite poder utilizar os vídeos en distintos formatos e está orientada a ter un manexo moi intuitivo, de maneira que anque non teñas grandes coñecementos de multimedia podas utilizala sen problemas. Inclue máis de 40 utilidades para arquivos multimedia.

As utilidades están organizadas en torno a grandes bloques temáticos, que nos axudarán a realizar unha tarefa en función do tipo de arquivo ou do dispositivo que imos a utilizar. Algunhas delas aparecerán en máis dun bloque para facilitala tarefa dos usuarios máis nóbeiss nestas tarefas. Está dispoñible para sistemas Windows XP, Vista y 7.

Utilidades de FreeStudio

  • YouTube que permitirá-nos descargar un vídeo, ou o son dun vídeo a *.mp3 ou transformalo vídeo para reproducilo nun iPhone, crear un DVD con vídeos da famosa rede ou simplemente subir un que teñamos en local.
  • Audio que nos permitirá converter nosos arquivos en distintos formatos de audio, crear un CD / DVD de audio, cortar e editar cancions de forma básica, ou extrae-lo son de algún vídeo. Tamén permite-nos crear arquivos de audio en Flash.
  • Cd/DVD que ven a recopilar toda-las utilidades que nos permite á hora de pasar arquivos a formatos ópticos. O que ven sendo un programa para grabar clásico, dos que xa están prácticamente en desuso.

FreeStudio Vídeo

  • DVD/Vídeo que reune toda-las posibilidades que temos para transformar nosos vídeos, xa sexa dun formato a outro, pasalos a Flash ou a 3D, grabalos nun disco óptico ou simplemente pasalo a fotografías.
  • Fotos e imáxes que neste caso permite-nos transformar cartafois completos e darlles a todas as imáxes as mismas dimensions e compresión ou crear unha captura de pantalla de forma bastante sinxela. Tamén podemos fundir duas imáxes para crear unha en 3D, para o cal necesitaremos telas gafas, de maneira que non vos podo comentar se a calidade resultante é moi boa ou non
  • Móbeis e consolas onde se centra en converti-los arquivos multimedia aos formatos de vídeo por defecto dos distintos móbeis e consolas. Ten opcions para HTC, Motorola, Android, BlackBerry, Nokia, Samsung, LG, así como para as principales consolas disponibles no mercado. Á vez permite-nos axustar a calidade dos vídeos, axustando para distintos modelos de móbeis, tratando de axusta-la calidade á mellor visualización que permite cada un. De cada marca temos un bo puñado de opcions.

FreeStudio Móviles

  • Dispositivos Apple que básicamente permite-nos convertir os nosos vídeos a os formatos que soportan os distintos dispositivos de Apple, xa sea un iPhone nas suas distintas modalidades, un iPod, un iPad ou Apple Tv. Permite-nos axusta-los parámetros de calidade para que o vídeo nos ocupe máis ou menos en función dos parámetros elixidos.
  • 3D que nos permite pasar a formato 3D tanto fotos como vídeo. Como comentin antes para a sua visualización se necesitan gafas anaglifo para velos resultados, polo que non vos podo comentar a sensación. Estas son as típicas gafas cun cristal bermello e outro azul, así que tampouco podemos esperar maravillas.

Quizás moitas das opcions son redundantes, é dicir, están presentes en varias das opcions descritas, pero tratase de facer que sexan doadas de atopar para os usuarios. Por otro lado unha das cuestions que non me gustaron nada é a insistencia en instalar distintas barras para Firefox ou Explorer deste programa. Según imos abrindo opcions a primera vez en cada programa nos pide se queremos instalalo.

A parte de esto cecais fallaría na edición de vídeo e de son, posto que é demasiado básica. O que nos permite é seleccionar as partes dun vídeo ou unha canción que queremos eliminar, non permitindo introducir outras para realizar unha montaxe un pouco máis elaborada. A pesar de esto FreeStudio é unha ferramenta moi interesante para os usuarios que comezan a facer os seus pequenos traballos multimedia.

Vía | NirmalTV
Más Información y Descarga | FreeStudio

No hay comentarios:

Publicar un comentario