miércoles, 13 de abril de 2011

Microsoft presenta a primeira Platform Preview de IE10


IE10

Non agardaba tan cedo unha nova deste calibre, e menos tendo tan sumamente recente o lanzamento de Internet Explorer 9. Microsoft lanzou esta tarde a primera Platform Preview de Internet Explorer 10 e inclue novedades interesantes, anque seguindo a pauta marcada pola versión actualmente vixente.

Lembrando as primeiras versions deste tipo de versions en Internet Explorer 9, non vemos interfaz algunha e podemos maxinar que, sobre todo vendo os trocos que os de Redmond están facendo en outras aplicacions comaa o explorador de arquivos, toca outra renovación da interface. ¿Veremos MetroUI ou Ribbon en Internet Explorer 10? O tiempo o dirá.

Realmente o importante desta Platform Preview (e de IE10, en xeral) é o moito mellor soporte de HTML5/CSS3 e máis aceleración por hardware á hora do renderizado, que permite alcanzar un rendeminto varias veces superior ao de Chrome e Internet Explorer 9. Hai un mellor renderizado de páxinas multicolumna e outras características de CSS3, e anuncian soporte para transiciones CSS (2D y 3D) en próximas Platform Preview de IE10, as cales aparecerán cada dous ou tres meses.

Como nota curiosa, di Engadget que o equipo que executaba Windows (con Aero activado) na presentación equipaba un procesador ARM a 1Ghz, polo que podemos considerar máis que confirmado que Windows 8 estará dispoñible para procesadores ARM (e, por extensión, para tablets, vendo que son os equipos non telefónicos que maioritariamente utilizan este tipo de procesadores).

Vía | IEBlog
Web | Internet Explorer Test Drive
Descargar | Internet Explorer 10 Platform Preview 1

No hay comentarios:

Publicar un comentario