martes, 11 de enero de 2011

ZORIN OS 4, UN SABOR DE UBUNTU PARA PRINCIPIANTES

Zorin OS é unha distribución GNU/Linux baseada de Ubuntu/Debian, pensada para usuarios que se inician en Linux. Con este fin ofrece a posibilidade de simular o aspecto de Windows XP ou Windows 7 cun toque de rato. Pode configurarse tamén como un escritorio Gnome clásico xa que se basea neste xestor de xanelas.
Existen varias versions, unhas gratuitas e outras de pago aunque o seu prezo é baixo. Empecemos cas primerias. ZORIN OS CORE, disponible para arquitecturas de 32 e 64 bit. ZORIN OS LITE, unha versión alixeirada x32 con escritorio LXDE e ZORIN OS EDUCATIONAL, baseada en Core de 32 bits e por tanto cun xestor Gnome, cunha selección de software orientada á educación.

Respecto das versiones de pago, en todas se puede elexir x32 o x64. ZORIN OS 4 GAMING, que engade á versión Core 40 xogos tales como Nexuiz, Alien, Super Tux Kart, e outros desenrrolos orixinais da distribución. Prezo: 10 €. ZORIN OS 4 MULTIMEDIA, que como su nome suxire, trae configurados por defecto unha serie de paquetes multimedia e de deseño gráfico. Prezo: 10 €.
A máis alta de gama é ZORIN OS 4 ULTIMATE, que incorpora todolos paquetes das versiones anteriores e su prezo é de 15 €. Existen versiones LTS (Long Term Support) en paralelo cas homónimas de Ubuntu, e que corresponden á versión 3 DE ZORIN OS para todas as que temos mencionado de pago co mesmo prezo.
Esta distribución é algo máis que un lavado de cara da sua correspondente versión de Ubuntu. Para escribir esta entrada realicei duas instalacions. Unha en modo Live sobre máquina virtual con Virtualbox 4 en arquitectura de 32 bits, tanto anfitrión como huésped e outra completa sobre arquitectura de 32 bits. En ambas con criterio dun usuario inexperto.

Lendo a publicidade da página oficial chamou-me a atención unha afirmación que parece algo triunfalista: é catro veces máis rápida que Windows 7. Non di baixo qué condicions nin os criterios da comparación. Por esta razón quixen realizar as duas probas e si ben non sirven para verificar tal aserto, a impresión é moi positiva, é realmente rápida.
No primeiro caso, ainda siendo a versión Live, O FUNCIONAMENTO É FLUIDO E IMPECABLE. Grata primera impresión. A proba sobre 32 bits é algo malévola xa que a maquina donde a instalin ten compoñentes especiais que fan fracasar moitas distribuciones. E para miña sorpresa funcionóu, sendo a primeira distribución probada que en primeira instancia e sin ningún axuste detectou a configuración de dobre monitor ca resolución máxima: 1280 × 1024 pixel en ambas pantallas. Sobresaliente.

A versión Core do disco de instalación está en inglés por defecto e como en teoría soporta 55 idiomas, o primer paso foi poñe-la en galego. Primeiro obstáculo para un usuario novel, non é intuitivo facelo, debería estar mellor resolto. Unha vez baixas o conxunto de paquetes e o aplicas, a traducción non é uniforme para todos os programas. Esta é unha asignatura pendiente de Linux en xeral e de esta distribución en particular. Peor que Ubuntu sin dubida. Xa qie Ubuntu suporta o GALEGO perfectamente, non so a version GALINUX, senon todas e cada unha delas.
As distintas versions de Zorin OS teñen a sua razón de ser dentro da filosofía “chave en man” para usuarios inexpertos, pero as carencias de Core poden-se suplir instalando o necesario cunha ferramenta propia que suministra a distribución. En calquer caso a selección mínima de programas de Core é máis que suficiente para empezar.

O siguiente paso foi instalar un paquete que non ven por defecto en Core. Tampouco é tan inmediato como debería a meu entender, ainda así non resulta complicada a instalación. En calquer caso, si che gusta e non sabes moit, por 15 € tes a versión Ultimate que trae todo e sin complicacions.
Respecto da simulación das versiones mencionadas de Windows é un bo intento aunque se queda algo curto. A organización do menú principal e o seu acceso sí resultan familiares. Alomenos non supoñen unha ruptura brusca co entorno aloque un usuario de Windows está acostumado. Como primeria distribución GNU/Linux é unha opción a considerar.

A impresión xeral é que estamos diante dun traballo esmerado respecto da presentación, selección de paquetes e optimización do sistema. A elección dunha distribución é algo moi persoal. Probar o entorno Live é unha boa aproximación, si queres conocela mellor puedes recurrir a un entorno virtual.

Descarga | Página oficial

En Genbeta | Ubuntu 10.10

No hay comentarios:

Publicar un comentario