viernes, 21 de enero de 2011

LibreOffice xa forma parte de Ubuntu 11.04

LibreOffice xa forma parte de Natty
Mark Shuttleworth dixo que sí, que esto pasaría; logo se confirmou pero non se daban datas. E foi coa actualización de hoxe que os usuarios que están probando Natty atoparonse con elo: LibreOffice reemplazou a OpenOffice como a suite ofimática por defecto de Ubuntu.

LibreOffice todavía anda nas suas versiones Release Candidate, pero parece que dende Canonical julgaron que a suite xa está o suficentemente madura como para incluila en Ubuntu 11.04. Polo que leín, a que se incorporou foi a RC3. E, casualmente, hoxe xa está dispoñibel tamén a RC 4 de LibreOffice. Os que o instalarades por PPA, verédes pronto a actualización (ao escribir esto, todavía non me aparece).

Lembrar que de entre as distros máis populares, Ubuntu non vai sela única que vai realizar este troco, sino que tamén Fedora anunciou que incluirá LibreOffice na sua versión 15. ¿Cómo estará sentando esto en Oracle? Non creo que moi ben, pero dame a impresión de que ainda falta moito camiño para que o fork sustitua a suite orixinal, especialmente entre os usuarios de Windows.

Vía | OMG! Ubuntu!
Descarga | LibreOffice

No hay comentarios:

Publicar un comentario