jueves, 13 de enero de 2011

O mellor da Internet e da tecnoloxía galega en 2010

A patronal das empresas adicadas a Internet e as novas tecnoloxías en Galicia, EGANET, acaba de fallar os seus premios.

Por Galicia Confidencial

Velaquí a lista de premiados na cerimonia deste mércores no Auditorio de Galicia:

  • Premio E-emprendedores: Enxendra Technologies: empresa especializada en software de factura electrónica e sinatura dixital. Na actualidade ten dúas sedes: Madrid e A Coruña.
  • Premio Software, Multimedia ou Web: Colaboración entre a editorial Galaxia, Perro Verde Films e MilRayas, polo ContoPlanet, unha aplicación de contos infantís para iPhone e iPad extraídos da colección Árbore da editorial Galaxia.
  • Premio Inclusión Dixital: VModal Interactive, de Vigo: por RuraisLAB, un laboratorio cidadán para a innovación social no rural baseado nas necesidades e visión da muller.
  • Premio Mellor Ambiente Laboral: Hacce Soluciones TIC, empresa viguesa que se move no contorno 2.0, cunha cultura organizacional baseada na xestión do coñecemento, nun modelo de negocio participativo que presta atención ao criterio de todo o equipo.
  • Premio Publicidade e Márketing OnLine: Paco&Lola Albariño: pola súa estratexia de marketing online. A empresa Adega Rosalía de Castro produce este viño albariño.
  • Premio E-Commerce: Toupa.net: por Toupa.net,Cultura para levar!. Toupa.net é unha plataforma de distribución B2C e B2B de produtos culturais ideados, producidos ou participados por axentes galegos, ou por calquera outro autor, editor ou produtor que introduza un novo punto de vista arredor da cultura galega.
  • Premio Administración Electrónica: Bit Oceans Research, por Fividoc. A Firma Electrónica en Papel, unha solución de cotexo electrónico que permite a protección global do contido de documentos impresos.
  • Premio Educación Dixital: Interacción e Imaxín Software, polo proxecto O Valor do IGU, programa interactivo de educación en valores a través de videoxogos
  • Premio Global Software Libre: Sixtema, por ikiMap, comparte os teus mapas.
  • Premio Global Proxectos Innovadores: Confirmsign, pola creación da plataforma “Confirmsign”
  • Premio Global Mobilidade: colaboración entre Editorial Galaxia, Perro Verde Films e MilRayas, por ContoPlanet.
  • Premio Global Accesibilidade: Fundación Tecnología Social, de Lugo, por Camiño dos Satélites.

Así mesmo, Altia Consultores recibiu o Premio Especial Eganet por ser a primeira empresa galega do sector en entrar no mercado bursátil, por ser un "referente na defensa da empresa galega e polo convencemento manifestado de que a cooperación de grande e pequenos é necesaria para mellorar o sector TIC".

No hay comentarios:

Publicar un comentario