lunes, 24 de enero de 2011

O NOVO LOGOTIVO DE HTML 5

A imaxe da seman: O novo logotipo de HTML 5

nuevo-logo-html5

HyperText Markup Language (Lenguaje de Marcado de Hipertexto), máis coñecido polo seu acrónimo HTML, é o lenguaxe base utilizado para confeccionar páxinas web. Anque a versión 5 ainda non está oficialmente implementada, xa hai navegadores con soporte para a nova especificación e sitios web que xa o empregan.

O consorcio internacional World Wide Web Consortium, responsabel das recomendacions dos estándares web e coñecido como W3C, presentou esta semana o logotipo para a nova revisión do lenguaxe. É a primeira vez que HTML ten logotipo e a última en que llevará asociado un número de versión. No futuro no haberá HTML 6, será simplemente HTML.

Este logotipo representa tamén outros lenguaxes asociados ao HTML, tales como CSS (Cascading Style Sheets), follas de estilo en cascada, SVG (Scalable Vector Graphics), gráficos vectoriais escalables y WOFF (Web Open Font Format), un tipo de letra que pretende ser un estándar dentro da web.

Dentro de pouco esta imaxen estará presente en moitas páxinas web como distintivo das tecnoloxías empregadas na sua confección i é por elo a nosa imaxe da semana.

Más información | World Wide Web Consortium

No hay comentarios:

Publicar un comentario