viernes, 15 de junio de 2012

A Amazon App Store podería chegar pronto a Europa



Amazon é a tenda máis popular do mundo. Vende prácticamente de todo, anque unha das limitacions que temos en España é que gran parte dos  productos da tenda internacional non están disponibles. Pero están-se  dando pasos graduais para soluciona-lo, porque supemos  recentemente que Amazon se dispon a abrir en Europa a sua tenda de aplicacions para Android.
Google xa ten a sua plataforma Play desde a que todos os usuarios de Android poden descargarse as suas aplicacions, pero o feito de que sexa un sistema completamente aberto permite que outras empresas podan ofrecer aplicacions coas suas propias tendas. É o caso de Amazon, onde algunhas aplicacions disfrutan de exclusividade temporal.
Ademáis, a chegada da Amazon App Store tamén se pode interpretar como un sinal de que o Amazon Kindle Fire tamén podería aterrar no noso país axiña (incluindo todos os seus servizos de venda de libros e revistas electrónicas). Cuestión de estar atento aos próximos movementos da compañía e cruzar dedos para que a chegada da tenda a Europa signifique tamén a chegada a España.

Vía | Xataka Android > All Things Digital

No hay comentarios:

Publicar un comentario