lunes, 14 de noviembre de 2011

Linux Mint 12 "Lisa" RC. A Fondo


linux-mint-12-lisa-rc.jpg
O equipo de desarrollo de Linux Mint liberou a release candidate de Lisa. Como versión candidata ofrece prácticamente todas as características do que será Linux Mint 12 final. 
A máis destacable é a incorporación de Gnome 3, con Gnome Shell adaptado con algunhas extensions propias para ofrecer unha interfaz similar ao escritorio tradicional. Se optou por un criterio de prudencia frente aos trocos drásticos.
Linux Mint está recollendo usuarios desencantados con Unity e a aposta por unha transición suave parece a máis adecuada para atraer a este grupo. Con este propósito Linux Mint 12 “Lisa” poderá executarse con MATE, o fork de Gnome2 compatible con Gnome 3. Vexamos tra-lo salto as novedades.

Gnome 3 e MGSE

MGSE (Mint Gnome Shell Extensions), é unha capa superposta a Gnome 3 que fai posible o uso da nova interfaz dunha maneira tradicional. Todos os compoñentes de MGSE poden desactivarse se queremos ter unha experiencia pura de Gnome 3, pero co aspecto do GNOME tradicional.

linux-mint-12-lisa-rc-mgse.jpg

As principais características de MGSE son: panel inferior, menú de aplicacions, lista de ventanas e un escritorio de traballo centrado en tarefas, (trocar entre as ventanas, e non entre as aplicacions) e iconas visibles na bandexa do sistema.
MGSE tamén inclue extensions adicionais, como un indicador de reproductor de medios, e varias melloras para Gnome 3. O escritorio de Linux Mint 12 é unha mistura equilibrada entre a interfaz antiga e a moderna.
Trata-se dun escritorio novo, pero cos compoñentes tradicionais. Linux Mint 12, ao igual que as versiones anteriores, e pese a que está baseado en Gnome 3, parece e comporta-se como un escritorio de Mint tradicional.
linux-mint-12-lisa-rc-alttab.jpg
Podemos executar aplicacions dende a parte inferior esquerda, trocar doadamente entre as aplicacions i espazos de traballo coa lista de ventanas ou atallos de teclado, manter un ollo nas notificacions e ó acceder a funcions de Gnome 3, como as “actividades”, na esquina superior esquerda.

MATE

MATE é un fork de Gnome 2, que é compatible con Gnome 3. Grazas a MATE, se poden executar as duas versions de GNOME no mesmo sistema. MATE está presente na edición en DVD de Linux Mint 12. Os usuarios da edición CD poden instalar MATE a través do paquete mint-meta-mate.

mint-meta-mate.jpg
MATE é novo e non é completamente estabel, faltan algunhas partes. MATE vai a ser mantido activamente e con estreita colaboración entre os desenrroladores de Linux Mint e MATE. Co tempo o proxecto gañará a madurez e ofrecerá aos usuarios unha experiencia de escritorio tradicional i estabel.

Melloras estéticas

Linux Mint 12 utiliza un nuevo tema chamado Mint-Z, que basease en Mint-X e o tema Zukitwo. Ao igual que na versión anterior, o fondo por defecto amostra unha escea en 3D co logotipo de Linux Mint. Tamén están disponibles outros fondos, incluindo fotografías da India e o Parque Nacional de Yellowstone.

Motores de búsca

O nuevo motor de búsca predeterminado es Duck Duck Go, do que xa falamos en Costaweb. Duck Duck Go é un motor de búsca que respeta a privacidade do usuario. Na miña instalación en galego, hai dous motores más: o buscador da RAE e Wikipedia en español. Non obstante se poden configurar máis motores de búsca ao gusto.

Compoñentes de Linux Mint 12 “Lisa” RC

Linux Mint 12 basease en Ubuntu 11.10 Oneiric Ocelot. O kernel empleado é o 3.0. Respecto dos programas que se instalan por defecto, tenemos Firefox 7 como navegador Web e Thunderbird 7 como cliente de correo.

linux-mint-12-lisa-rc-gnome2.jpg

O resto son máis ou menos as habituais que temos visto en Oneiric Ocelot e Linux Mint 11. Quero destacar duas aplicaciones propias de Linux Mint: unha que permite actualizar a distribución á versión DVD, moi útil si hemos optado por descargar o CD e APTonCD, coa que poderemos crear discos de instalación.

Linux Mint 12 “Lisa” RC, conclusions

Para aqueles amantes de “o último”, pode que o conservadurismo de Linux Mint 12 decepciones-lle e argumenten que o entorno de escritorio non deixa de ser un Gnome 3 con alguns parches. A outros polo contrario, lles agrade a transición que propon Mint.
En calquer caso, Linux Mint 12 é unha gran distribución, a preferida de Linus Torvalds, e nestos momentos supera a Ubuntu no ranking de Distrowatch por primeira vez en moitos anos. Esto non é importante anque pon de manifesto que Mint está sendo unha alternativa para os desencantados de Unity.
Non sei qué trocos poden vir entre esta versión candidata e a final, tal vez actualicen alguns paquetes como Firefox, pero Linux Mint 12 “Lisa” RC funciona moi ben i é agradabel de usar. Sempre podes realizar unha proba coa versión Live e ver si che convence.
Más información y descarga | Linux Mint Blog
Imagen | Linux Mint (mosaico ALT + TAB)

No hay comentarios:

Publicar un comentario