Mostrando entradas con la etiqueta ubuntu tweak.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ubuntu tweak.. Mostrar todas las entradas

lunes, 14 de mayo de 2012

Persoaliza Ubuntu con Ubuntu Tweak


Ubuntu é unha das distros Linux máis conocidas e usadas, principalmente pola sua facilidade de uso.
Nembargantes, anque é doado de usar non sempre é tan sinxelo personalizalo ao teu gusto e trocar elementos do sistema.
Ubuntu Tweak é un complemento imprescindible para Ubuntu que che permitirá facer algo de limpieza, obter información do teu equipo e persoalizar Ubuntu para que se comporte como ti queiras.

Resume


A primera lapela de Ubuntu Tweak amosa información do hardware (CPU e memoria), información do Escritorio (plataforma, versión e entorno de Escritorio), cántos paquetes e megabytes podes borrar co limpador e si o sistema está actualizado ou non.
Dende Preferencias podrás engadir tamén información dos usuarios que utilizan a tua versión de Ubuntu no teu equipo.

Axustes


Apariencia > Misceláneo: Unha amalgama de opcions variopintas pra desactivar ou activar.
Apariencia > Sound: ¿Queres Ubuntu silencioso ou ruidoso?
Apariencia > Tema: Persoaliza o tema de Escritorio, iconas, cursores e fiestras. Tamén permite instalar temas novos.
Apariencia > Tipografías: Persoaliza os tamaños e tipos de letras de documentos, Escritorio, etc.
Arranque > Configuración de inicio de sesión: Si tes permisos de administrador, poderás troca-lo aspecto e comportamento da fiestra de inicio de sesión de Ubuntu: tema, fondo, botón co logotipo, etc.
Arranque > Session Indicator: Permite persoalizar o indicador de usuario e de sesión da barra de menú. Están na parte superior dereita da pantalla.
Escritorio > Desktop Icons: Amosa ou oculta as iconas de Ordeador, Cartafol principal, Balde do lixo e Servidores.
Escritorio > Unity: Activa / desactiva o HUD, o dash a pantalla completa, o modo oculto do lanzador, etc.
Escritorio > Window: ¿Te gustan os botons á esquerda ou á dereita? Persoaliza tamén cómo reaccionará a barra de título das ventás cando fagas click.
Sistema > Administrador de archivos: Persoaliza Nautilus a teu gusto para que amose opcions avanzadas e pra que se monten ou non os discos automáticamente.
Sistema > Solucions alternativas: Por agora só inclue duas opcions, pouco útiles para os usuarios en xeral.

Administración


Desde aquí tes o control de Ubuntu dunha forma máis cómoda e sinxela que con Configuración del sistema.
Aplicacions > Centro de aplicacions: En Ubuntu as aplicaciones instalanse dende o Centro de software, pero pode que te resulte moi pesado e con demasiadas opcions que non sempre necesitas. Con Ubuntu Tweak verás as aplicaciones instaladas e as que podes instalar clasificadas por categoría. Un par de clics e as aplicacions se instalarán, incluindo tamén os paquetes opcionais necesarios.
Aplicacions > Centro de oríxes de software: Para instalar aplicacions, Ubuntu utiliza repositorios, é decir, servidores que ofrecen paquetes pra instalar programas. Desde aqui podes engadir repositorios novos, si é que os necesitas, ou quitar os que non utilices.
Escritorio > QuickLists Editor: Aquí verás as QuickLists do lanzador de Unity. Podes engadir novas i editar as que xa existen con novas opcions.
Escritorio > Recuperación del escritorio: Nunca se sabe cuándo perderás teus datos por un problema de Ubuntu. Por eso, Ubuntu Tweak te axuda a configurar e gardar copias de seguridade do Escritorio das aplicaciones que máis utilices. Xa hai algunhas configuradas, pero podes engadir as que queiras.
Personal > Accesos directos: Configura atallos de teclado para executar accions ou abrir programas.
Personal > Plantillas: Aquí podes xestionar as plantillas que usarás en programas como LibreOffice ou o Editor de textos e engadir teus propios documentos para usar como plantilla habitual.
Personal > Scripts: Básicamente amosa os scripts de Nautilus, o explorador de arquivos de Ubuntu, con accions coma Mover a.
Personal > User Folder: Desde aquí verás as rutas dos cartafoles de Ubuntu, coma Público, Descargar, Vídeos ou Imáxes. Terás a posibilidade de trocar a ruta por outra.
Sistema > Editor de orígenes de software: Amosa as .list de repositorios, tanto a que hai por defecto -sources.list- como as que engadiras previamente. Ten en conta que si cometes un erro, afectará á instalación e actualización de programas en Ubuntu.
Sistema > Gestor de tipos de archivo: ¿Con qué programas queres abrir as fotos ou as cancions? Aquí poderás configura-lo.

Limpador


Esta sección é moi útil para limpar Ubuntu e ganar un pouco de espazo de disco. Básicamente busca arquivos temporais ou cachés de programas reconocidos polo Centro de Software que podas eliminar.
También inclue instaladores antigos de APT e núcleos de Linux que xa no utilizas pero que ocupan espazo.
En todo momento poderás seleccionar qué elementos analisar e borrar e cáles non.

¿Utilizas Ubuntu Tweak? ¿Qué te gustaría cambiar de Ubuntu y no sabes cómo?