viernes, 5 de abril de 2013

Facebook presenta Facebook Home


facebook phone home
Facebook presentou esta tarde seu rumoreado teléfono en forma de paquete instalable chamado Facebook Home, nun evento no que participou o propio CEO da compañía Mark Zuckerberg. A sua aposta é sinxela, deixar de enfoca-lo sistema dp terminal nas aplicaciones i enfoca-lo nas persoas coa axuda da natureza aberta Android.
Facebook Home, que é o nome co que se bautizou o sistema que ideou Facebook, é un paquete de aplicacions que se instala nos teléfonos Android e reemplaza parte do sistema. A pantalla principal pasa a ser unha galería das actualizacions máis recentes dos nosos amigos, coas que podemos interactuar directamente desde ahí e sen ter que acceder a ningunha sección.
facebook home
Esta pantalla principal chamase Cover Feed, e vai amosando as actualizacions automáticamente coa opción de poder ir navegar co noso dedo por elas e abrilos seus comentarios. Polas pintas que ten, poderemos consultar rápidamente as últimas publicacions de Facebook dende a misma pantalla principal do teléfono, sin ter que acceder a ningunha aplicación.
As aplicacions quedan ‘escondidas’ nun botón que aparece cando pulsamos o noso avatar de Facebook, situado na zona inferior da pantalla, co que Facebook Home supon un troco bastante radical na división de contidos do noso terminal. Xunto a ese botón temos un acceso directo a Facebook Messenger e ás notificacions, anque as mensaxes aparecen nun lateral cobrando protagonismo cando alguen nos comenta algo. Podemos respostar ao voo e/ou descartala mensaxe axiña, e ademáis os SMS están integrados nas mensaxes para unha experiencia unificada.
facebook home
Mark Zuckerberg considera esto un paso máis na evolución da era móbil
A priori, Facebook Home é o sistema perfecto para os acérrimos a Facebook: deixa nun segundo plano o resto das aplicaciones para que a rede social cobre protagonismo absoluto e dunha forma nativa. Dende certo punto de vista, e ainda sendo un Android, pode ser un forte competidor no mercado de sistemas móbiles tendo en conta que máis de mil millons de persoas teñen unha conta na maior rede social do mundo. Hai duas promesas interesantes: Facebook Home actualizarase cada mes e teremos unha versión para tablets que chegará ao mercado nos próximos meses. En canto á versión de teléfonos, lanzará-se o 12 de abril disponible para os terminais HTC One e HTC One X, Samsung Galaxy SIII e S4 e Samsung Galaxy Note II. Non, finalmente non hai teléfono propio de Facebook, sinon unha colaboración con alguns fabricantes. HTC, por exemplo, farao co modelo First que levará Facebook Home preinstalado.
Usuarios de Android: ¿os instalaríades este tipo de sistema nos vosos teléfonos? Nunha semana o saberemos.

Sitio oficial | Facebook Home

Xoán Piñeiro Diós

No hay comentarios:

Publicar un comentario