martes, 2 de abril de 2013

Facebook proba un botón para publicar dende calquera parte da sua rede. Sí, coma no Twitter



Posted: 30 Mar 2013 12:00 AM PDT
Facebook prueba un botón para publicar desde cualquier parte de su red. Sí, como Twitter
Que Facebook ten posto un ollo no Twitter e non soio para controlar á competencia, é algo do que xa falamos varias veces. Sin ir máis lonxe, fai un par de semanas que vos contabamos que a rede social estaba planificando a incorporación de hashtags. E agora, toca-lle a adición dun botón para publicar dende calquera parte na que nos atopemos dentro do seu servizo.
Este botón foinos reportado por un membro de Mashable, que veu como aparecía na sua conta. E, ao igual que sucede co de Twitter, está situado na barra superior. Así, sen importar si estamos vendo o perfil doutra persoa ou estamos nunha páxina, si nos ven a inspiración poderemos actualiza-lo noso estado con simplemente pulsar nel.
Por agora, Facebook non dixo nada ao respecto. Polo tanto, máis alá de que están experimentando co ele, non sabemos nin si se vai a aplicar nin cando se fará no caso de facerse (que eu creo que sí). Podería ser algo que de repente aparecera nas nosas contas, e tampouco me extrañaría nada, ou que pasaran meses facendo probas antes de que chegase a ve-la lus.

Vía | Mashable

Por: Xoan Piñeiro Diós

No hay comentarios:

Publicar un comentario