Mostrando entradas con la etiqueta buscadores. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta buscadores. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de febrero de 2013

Cando a lóxica falla, Google devolveche porno

Búsqueda en Google
A informática é unha disciplina moi curiosa. Cando lle pides a un programa que faga algo contradictorio, como por exemplo “Dame un número que sexa maior que cero e menor que cero”, ten duas opcions: ou non devolver nada ou reventar por todo o alto. Ao menos, esto é o que ocurre na maioría dos casos. En Google non. Si lle fas eso a Google, devolveche… porno.

Todos sabédes que en Google temos unha pequena calculadora. Alguen necesitaba saber cánto valía a raíz carta de catro, e buscou-no en Google. Ademáis de facer o cálculo, o buscador traduceu eso para buscar entre todas as páxinas web indexadas. Casualmente, -4^(1/4) se convirte en -4 “1 4”, é decir, “todas as páxinas que teñen un un ao lado dun catro e que non teñen un catro”.

É unha búsca contradictoria, así que en teoría non debería aparecer ningunha páxina. Nembargantes, un bug escondido nas tripas de Google fai que os resultados sexan, como non podía ser menos en Internet, porno. Non é algo específico desta búsqueda: tamén ocurre con outros contradictorios como “15 12” -12. Outros como “genta 7” -genta non devolven nada.
Un inxenieiro de software xa respostou en Quora aclarando que é un bug que correxirán pronto. A pregunta de por qué sae porno e non calquer outra páxina é todavía un misterio, pero probablemente sexa por la maior carga de términos SEO que teñen este tipo de sitios.
Más información | Quora

Yandex supera a Bing no Top 5 de buscadores

Yandex
Ollo que os rusos veñen forte. Según podemos ler no WSJ, o buscador Yandex pasa a ser o carto buscador máis popular, o cal significa que se sitúa por riba de Bing.
Os datos, extraídos de comScore, están baseados no número de consultas realizadas en cada buscador. Nestos momentos o top 5 en canto a buscadores a nivel global queda así: Google (62%), Baidu (8,2%), Yahoo (4,9%), Yandex (2,8%) e Bing (2,5%). Yandex habería superado a Bing por primeira vez durante o pasado mes de novembro, cando procesóu 4.620 millons de búscas contra os 4.480 millons de Bing.
Si nos fixamos no mercado ruso, vemos que allí Yandex é o buscador dominante. Se estima que a sua cota de mercado é de un 62%, mentras que a de Google se queda nun 26%. Unha diferencia máis que significativa da popularidade que Yandex está gañando.
Un dato final: nos números de Microsoft non sóio van incluídas as búscas realizadas desde a propia páxina de Bing, sinon que tamén se contan as que se levan a cabo desde outras páxinas consideradas como servizos de búsqueda por comScore (MSN, Windows Live e máis). Esto pon a Bing nunha situación todavía peor ao enfrentalo a Yandex, que non dispon de máis software deste tipo para facer os cálculos.

Vía | WSJ

BY Xoan Piñeiro Diós