lunes, 6 de agosto de 2012

Nova ronda de peches por parte de Google: Listen, Google Apps pra equipos, Google Video pra empresas

Google
Google leva un tempo pechando servicios e abandonando o desarrollo de productos que se escapan demasiado do camiño marcado nos últimos tempos. As últimas víctimas non pertencen ao mainstream pero supoñen un verdadero trastorno para seus usuarios. Falamos de Listen, cliente de podcasting para Android; Google Apps para equipos de traballo, e Google Vídeo para empresas.
Listen levaba funcionando desde 2009 como un experimento. A aplicación seguirá funcionando e as suscripciones seguirán activas en Google Reader, pero o servizo de búsca de podcasts deixará de estar operativo a partir do 1 de novembro. Google comenta que non ten demasiado sentido continuar o desarrollo de Listen cando hai tantas alternativas, gratuitas e de pago, en Google Play.
No caso de Google Apps pra equipos de traballo, apuntan a que non ofrece nada especial e a que non resultóu tan acollido e útil como esperaban. As contas serán convertidas en contas personais, i esa modalidade de Google Apps desaparecerá. O cambio será efectivo o 4 de setembro.
E no caso de Google Video para empresas (o integrado con Google Apps), seus vídeos simplemente pasarán a formar parte da sua conta de Google Drive, sin que lles reste espazo de almaceamento, dado que ofrece básicamente o mesmo e evitan manter o desarrollo de productos tan distintos. De paso pecharán algunhas das máis de ciento cincuenta bitácoras que teñen, algunhas mantidas e outras xa non (como a adicada a os productos de Google para Mac).

Más información | Google Official Blog

No hay comentarios:

Publicar un comentario