lunes, 27 de diciembre de 2010

PROBAMOLA BETA DE UBUNTU ONE PRA WINDOWS

Xa falamos do lanzamento de Ubuntu One pra Windows que xa está en beta aberta para que os usuarios que queran podan probalo servizo e reportar os problemas e erros que poda ter para seguir puliéndoo hasta a sua saida a producción. Probamo-la beta de Ubuntu One para Windows e a verdade é que a sensación que nos deixa é bastante mediocre.

O instalador que nos descargamos nos conduce da maneira habitual nestos casos, coa típica instalación en Windows. Recordamos que para que funcione necesita-se Net Framework 4. Una vez terminada a instalación teremos que identificarnos co noso usuario e contraseña de Ubuntu One. Tras indicarlle que inicie a sincronización, Ubuntu One crea un cartafol dentro de Meus Documentos onde sincronizará nosos arquivos.

A partir de aquí comezará a descargar automáticamente os arquivos que temos en Ubuntu One, de maneira que replica os cartafois que temos sincronizadas dentro do cartafol de Ubuntu One que creou en Meus Documentos. O funcionamento xeral foi o agardado, anque durante a sincronización ocurreu un problema e Windows pechou o programa. Unha vez volto a arrancar segueu sincronizando sen maiores problemas.
Da instalación que prometían complementaria a UbuntuOne de Tomboy ou a libreta de contactos de Evolution en Windows, nada de nada. De momento temonos que quedar con as ganas de ver estas duas opcions en sistemas Microsoft. Eu no é que utilice moito Tomboy pero a libreta de contactos do correo si me sería de gran utilidade.
O apartado que menos me gustou foi que non permita elixir onde situamos o cartafol de Ubuntu One, deixando-o por defecto en Meus Documentos. Si se puede trocar, eu non encontrei a opción para facelo. Quizás é unha crítica inxusta para esta beta, posto que a falta de funcionalidade respecto a outras opcions que tenemos en Ubuntu, como Dropbox, son máis imputables a Ubuntu One, como disco duro virtual que á versión beta para Windows.

Á vez o uso do programa deixa a sensación de que todavía lles queda moito traballo por facer, posto que en ocasions parece que non acaba de pecharse ben Ubuntu One. Van ben encamiñados, respecto ás posibilidades que permite UBUNTU ONE, pero parece que quedan flecos por resolver. Agardemos que primeiro funcione ben para pedir despois que amplíen as funcionalidades cómo mínimo á altura do que nos permite en Linux.

A impresión xeral que me deixa é que si non utilizara Ubuntu non o instalaría nunca en Windows. De feito se non o utilizamos para aloxa-la música que compramos en Ubuntu Music Store, ter nosos contactos de correo ou nosas notas é del todo innecesaria e existen MELLORES alternativas, tanto en Ubuntu como en Windows.


Más Información | Ubuntu One Wiki
En Genbeta | Grandes mejoras de Ubuntu One para sincronizar y compartir arquivos

No hay comentarios:

Publicar un comentario