martes, 28 de diciembre de 2010

O MELLOR DO 2010: SERVIZO DE ALMACEAMENTO NA NUBE

Achega-se o remate do ano 2010, moi movido en moitos ámbitos, incluido o tecnolóxico. Pero para o ano 2011 seguro que temos moitas e boas novas. Non obstante o ano empeza o sábado, e según o horóscopo chino, é o Ano do Coello.

Pero deste 2010 que se apaga, hai un tipo de servizos web que evolucionaron e parecen que abren unha cuota de mercado importante. Buscamos o mellor servizo de almaceamento na nube, i é que os beneficios son indudabeis.

O trío calavera de este apartado seguramente sexan Dropbox, Ubuntu One e SugarSync. Pero imos a meternos en fariña antes de que acabe o ano e teñamos que publicar os resultados.

Dropbox: Xa se vía nos comentarios, é o preferido de moitos de vos. I é que a sua facilidade de uso e a posibilidad de restaurar versiones anteriores dun arquivo funciona as mil maravillas.

SugarSync: A sua Carpeta Máxica cada día está gañando máis adeptos, i é que non é para menos, tal vez algo menos intuitivo que Dropbox, pero moi potente e funcional.

Ubuntu One: Realmente o servizo que explotou no 2010, e posibelmente un dos que máis de que falar en 2011. Beta para Windows, sen cliente para MacOs e o seu servizo para móvil, de pago. Será moito máis que almaceamento online.

OwnCloud: Novo, novo e novo. Arrecende a fresco. Gnome e KDE unidos? A loita está servida i este servizo tiña que plantar cara na enquisa.

Windows Live Skydrive: Simplemente por levar Windows no nome non lle gusta a moitos. Live tampouco deixa sentirse a gusto a outros usuarios. A outros moitos, non lles interesa o que ocurra por esos lares. Pero é sen dubida un gran servizo e non estivo ausente de novedades.

MegaWorld: A primeiros de este mes foron o lanzamento de novos servizos, coa posibilidade de telos de forma gratuita a cambio de ver publicidade persoalizada. Unha aposta arriscada, pero dende logo interesante.

LiveDrive: Un servizo moi completo, pero dende que deixóu de ser beta, de pago. Unha das grandes ventaxes, posibilidade de streaming a iPhone/iPad e ancho de banda e capacidade ilimitados.

Fiabee: Estánse movendo rápido e así debe ser se queren alzarse cunha cota de mercado ampla neste mercado, que a día de hoxe é altamente competitivo.

Supoño que moitos de vos haberédes probado alguns deles… ¿cál é voso servizo de almaceamiento na nube de 2010?

loading... xoantonpd@gmail.es

En Genbeta | Lo mejor de 2010 en Genbeta

No hay comentarios:

Publicar un comentario