miércoles, 29 de diciembre de 2010

CRATE, UN SERVIZO PARA COMPARTIR ARQUIVOS EXTREMADAMENTE SIMPLE

Querédes compartir un arquivo con alguen, pero non querédes subilo ao correo e tampouco rexistraros en sitios de intercambio de ficheiros. Fai uns meses a solución habería sido Drop.io, pero pechóu tras ser mercado por Facebook. Hoxe, traemo-vos unha alternativa tamén moi válida chamada CRATE.

É sinxelísimo de usar. Simplemente entramos, arrastramos un fichero á caixa que nos aparece e automáticamente teremos un enlace para descargalo, válido durante 30 minutos. Para que sexa permanente, sólo temos que rexistrarnos de forma gratuita.
Coa versión gratuita tenemos un límite de 6 crates, que son unha especie de cartafois, 50 MB por arquivo e 200MB en total.

Co plan de pago (9 dólares ao mes) non hai límite de crates nin de peso por arquivo, e o espazo total amplía-se a 2GB.

Na miña opinión, é un bo sustituto de Drop.io, anque se botan en falla máis opcions, coma protección de arquivos con contrasinal ou un log de accesos.

Vía | Lifehacker
Sitio oficial | Crate

No hay comentarios:

Publicar un comentario