martes, 26 de febrero de 2013

LINUX: Firefox OS, un desafío para os sistemas nativos e para a mesma Mozilla



firefox os mozilla
O primeiro día do Mobile World Congress 2013foi  movidito, e ademais das usuais presentacions de novos terminais tivemos ademais algunhas novas de software. O causantefoi  Mozilla e o seu Firefox OS, do que pudemos ver suas armas e plans de expansión. Pode ser unha plataforma que o cambie todo no panorama móbil, pero como toda-las apostas ésta tamén ten os seus riscos. Incluso para a mesma Mozilla.

Firefox OS pode ter un futuro moi interesante, pero non necesariamente o que ten planexado Mozilla

Mozilla fixo un bo traballo amosando o potencial que pode ter Firefox OS. A idea de WebPhone, un protocolo de chamadas que funde o tradicional coa oportunidade de basar todas esas chamadas dende a web, pode ter un bo futuro rompendo co tradicional desas chamadas e incluso formando unha alternativa aos protocolos VoIP.
A posibilidade de poder cargar unha aplicación dende a web ou “instala-la” dende Firefox Marketplace tamén me da boas sensacions: a demostración que se veu en Barcelona nos ensinaba cómo ao buscar unha película en Google podíamos simplemente velos resultados desa búsqueda ou carga-la aplicación de IMDB para velos datos estructurados desa película. É unha aplicación nativa do teléfono, pero ao mesmo tempo tamén é unha aplicación web. Podes cargala momentáneamente, pero podes tamén instalala para que quede gardada no teu teléfono e podas usala sen conexión. É decir, tes as ventaxas de todolos frentes nun só producto.
evento firefox barcelona os
E non esquezamos que a web permite toda a flexibilidade que un fabricante e unha operadora se poden maxinar: incluso a propia tenda de aplicacions pode vir persoalizada según os desexos dunha operadora móbil, optimizando as aplicacions para un país ou un mercado en concreto. Esta flexibilidade tamén se reflexa nos desarrolladores, que poden deixar de preocuparse en plataformas e en arquitecturas para desarrollar aplicacions web que se adaptarán a todos os teléfonos con Firefox OS. O único que haberá que saber facer é integrar esas aplicacions web cos compoñentes do teléfono grazas ao estándar HTML5.
¿Pode a flexibilidade da web desviala atención do software nativo?
Pero onde tes ventaxas tamén tes inconvenientes: probamos un modelo de teléfono con Firefox OS e hai algunhas cousas que non me gustaron. A resposta da pantalla é mellorabel, e agora que en Android se esforzan para que as animacions do sistema sexan moito mellores as de Firefox OS parecen do pasado. Está clarísimo que Firefox OS non será, ao menos nos seus inicios, un sistema propio de teléfonos tope-de-gama. Mozilla quere trasladar a popularidad do seu navegador Firefox a un sistema operativo completo no móbil, e intentar así competir cos máis grandes os mercados onde os dispositivos máis potentes non sexan os máis prioritarios. Pero unha cousa é un navegador, e outra cosa moi diferente é o sistema operativo dos nosos smartphone. Sí que basan ese sistema na plataforma web coa que teñen anos de experiencia, pero Firefox OS é algo bastante básico que necesitará recorrer un longo camiño e demostrar o que vale se quere ter unha comunidade de usuarios respetable.

En Xataka | Mozilla lo ha conseguido: las telecos y los fabricantes están dentro

BY:Xoan Piñeiro

No hay comentarios:

Publicar un comentario