miércoles, 19 de diciembre de 2012

Google+ estrea unha nova barra inferior pra chatear e compartir contido


google plus barra inferior
O pasado mes de xuño supemos da compra de Meebo por parte de Google, o que en consecuencia fixo que todas as ferramentas do servicio de mensaxería pecharan suas portas. Seis meses despois aparece o primeiro rastro do traballo dos inxenieiros de Meebo en Google, con unha barra inferior en Google+ que leva opcions para compartir contido, chatear e acceder a enlaces recomendados.
Os botons de Google+ que leva esa barra son os que estamos acostumados a ver na barra superior, o que da a pensar que en Mountain View queren animar aos usuarios a compartir contido presentando esos botons de forma dinámica nunha barra inferior. Ademáis, como na barra tamén hai espazo para máis opcions, outra boa idea con cabida pode ser a de permitir complementos de terceiros e monetizar o espazo con anuncios.
Polo momento Google non se pronunciou ao respecto desta barra e está nunha aparente fase de probas, non é nada definitivo. Pode ser un bo método pra acceder as funcions sociais de Google+ dende calquer páxina, anque máis dun xa estará pidindo mentalmente que sexa algo completamente opcional para o  usuario.
Vía | The Next Web

No hay comentarios:

Publicar un comentario