sábado, 26 de mayo de 2012

Os 20 países que mais usan Linux:

.

A cota de Linux no mercado dos sistemas operativos é e foi siempre moi limitada. As cifras que manexan servizos coma os de NetApplications ou Statcounter apuntan a unha cota que se sitúa arredor do 1%, pero por suposto esas cotas varían respecto á rexión xeográfica.

Por eso en Royal Pingdom realizaron un estudo no que amosan os 20 países os que mais se usa Linux en base á cota de mercado. Neste caso se utilizaron as cifras de StatCounter Global Stats para os meses que van de febreiro a abril de 2011, i estos son os resultados.

Como se pode ver, Cuba é con diferenza o país donde máis se usa ao pingüin (¡saudos e noraboa a los lectores cubanos!), que algun hai, e dende logo varios países africanos tamén teñen un uso especialmente extendido das distribucions Linux.

España está no undécimo lugar nesta particular clasificación -non está mal-, e o que é curioso como señalan na nota orixinal é en que Estados Unidos apenas se fai uso de Linux, con tan soio un 0,73% de cota de mercado.

Otros datos de interese son as cotas globais e por continente:

* En todo o mundo: 0,76%
* Europa: 1,14%
* Sudamérica: 0,88%
* Norteamérica: 0,72%
* Oceanía: 0,72%
* África: 0,45%
* Asia: 0,34%

Non son números especialmente destacables, pero tampouco son un desastre: de feito, máis e máis usuarios seguen coñecendo Linux cada día, e seguro que esa cota non fai mais que medrar progresivamente -aunque será difícil que fagan sombra siquera a Mac OS X- nos próximos meses e anos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario