miércoles, 25 de enero de 2012

PhotoScape, Suite para traballar coas nosas fotografías


PhotoScape é unha das aplicacions para o retoque fotográfico mais completos que hai na actualidade, xa que non soio se poden retocar as fotografías para melloralas e aplicarlles efectos, tamén trae unha serie de ferramentas extras que sin dubidas vanche a axudar en calquer tarefa que require o manexo de imáxes.

PhotoScape ven con visor de imáxes, un editor para aplicarlles efectos e melloralos, un procesador de arquivos por lotes para aplicar trocos a moitas imáxes á vez, un creador de mosaicos, un apartado para crear murais, un creador de gifs animados e por ultimo un conversor de arquivos. Todas estas ferramentas se elixen dende unha única interfaz cómoda e simple de utilizar. Ademais da comodidade do programa, PhotoScape casi non utiliza recursos do PC polo que é bastante practico é productivo, ademais se pode pasar dunha ferramenta á outra mediante pestañas.
PhotoScape é unha aplicación gratuita e atopase en Español.
Vía PhotoScape

No hay comentarios:

Publicar un comentario