Un
dos hábitos que casi seguro todos nos compartimos ao arrincar
noso ordeador é iniciar o navegador que máis nos guste. Para elixir o mejor, cada un temos nosas prioridades e valoracions, pero
ese é outro tema.
Dende o ano 2000 empezamos a conocer a navegación en lapelas, sin dubida un antes e un despois.
Opera e Mozilla (todavía non Firefox) foron os primeiros navegadores
conocidos que incorporaban esta funcionalidade que,
unha vez que a probabas, xa non podías usar un navegador sen lapelas. Pero durante estos once anos, moitas cousas trocaron e non todo o mundo coñece as diferentes funcionalidades.
Empezando polo mais básico
Todavía hoxe en día hai moitas persoas que non conocen a navegación por
lapelas, empezar a utilizalas é tan doado como abrir un enlace nunha nova lapela. Para elo, coma sempre hai varias formas (e si
enrriba utilizamos algunha extensión, o número se eleva
vertixinosamente). Podemos facer clic co botón secundario do rato sobre un enlace e seleccionar
Abrir enlace en una nueva pestaña, pero tamén podemos facelo nun paso, si facemos
clic sobre o enlace co botón central do rato
(hoxe en día, normalmente, soe facerse clic ca ruleta) tamén
teremos unha lapela nova co enlace. Outra forma de manter a
páxina que estamos visitando mentres se abre un enlace noutra lapela é facer
Control + Clic no enlace.
Poderemos mover lapelas ao noso antoxo, e tamén pechalas ou incluso
desfacer o peche da última que pechamos,
de feito teremos un montón de opcions si facemos clic co botón
secundario en calquer lapela (a combinación de teclas Control +
Mayúsculas + T cada día está máis presente en aqueles usuarios
do teclado).
Dando un paso máis alá coas lapelas
Deixando de lado comportamentos
compulsivos
de persoas que nunca pechan ninguna lapela, o máis normal soe ser
ter unhas cantas abertas: por exemplo esas que temos sempre
abertas (correo, calendario, ...) e as que estamos utilizando agora
mesmo, ou nesa tarea que hemos tenido que abandoar. É por elo que
organizalas é unha misión prioritaria.
Con Firefox podes organizalas en grupos,
pero telas a mais dun clic de distancia para moitos é unha
distancia
insuperable. Así que tal vez nos teñamos que conformar con
movelas e ter un certo rigor persoal. Pero en Chrome e Firefox
todavía podemos atopar unha sorpresa moi útil, e se chama
Fijar lapela.
Cando
fixamos unha lapela sóio veremos a sua icona e no primeiro lugar da
lista. Ademáis desaparecerá o botón de pechar e incluso en Firefox non
funcionará o atallo
Control + W. Fixar as lapelas que usamos habitualmente
nos permitirá reducir o tamaño que ocupan e agrupalas na parte esquerda da lista de lapelas, para así separalas das demais.
Por
último un pequeno truco para esas tarefas que siempre empezan abrindo as mesmas lapelas (moitas veces profesionais, relacionadas cun xogo ou nosas redes sociais favoritas). Si
agrupamos esas lapelas nun cartafol dentro de nosos favoritos ou marcadores poderemos abrilos todos de golpe facendo clic co botón secundario sobre dito cartafol.
Un último toque, as extensións

Hai un grupo de extensions que van ligados a un manexo máis rápido e cómodo das lapelas; aquelas que
nos permiten, mediante xestos do rato, realizar certas accions. E a gran maioría desas accions teñen que ver con lapelas: emgadir
unha nova, pechar a lapela actual, abrir un grupo de enlaces en
lapelas, ir á lapela seguinte, ... En Firefox podemos encontrar
Fire Gestures i en Chrome
Smooth Gestures. A utilización de lapelas i este tipo de extensions nos descubre unha nova forma de navegar.
En Firefox podemos engadir funcionalidades ás lapelas con
Tab Mix Plus i engadirlles un poco de coorido coa archiconocida
Colorful Tabs, ou previsualizarlas con
Tab Scope. Para Firefox e para Chrome encontrarás
Too Many Tabs, e para o último seguro que encuentras útil a extensión
Tab Jump.
Pero moito máis alá das extensions, seguro que
estudiar o uso que facemos das lapelas fará que traballemos cunha maior productividade. Moitas veces non nos
plantexamos porqué esa lapela sempre está aberta, siempre tentándonos e
distraéndonos do noso traballo.