viernes, 30 de diciembre de 2011

O informático Suso Baleato impartiu unha conferencia esta semana no 'Chaos Communication Congress', o congeso organizado polo grupo de hackers máis importantes e activo do mundo, o 'Chaos Computer Club'.

Un galego no congreso máis prestixioso de hackers do mundo

O 'Chaos Communication Congres's é un congreso organizado entre Nadal e Noitevella que analiza, anualmente, a situación da seguridade informática e o mundo do 'hacking'  desde 1984.
E a esa cita foi convidado este ano o informático Suso Baleato. "Cheguei aquí debido á miña participación na escena hacker europea dende mediados dos anos noventa", apunta en declaracións ao GC.
E é que nesa década, Baleato viuse implicado nunha operación do FBI que requisou os servidores dunha axencia internacional de novas independentes da que el era un dos administradores.
Seguridade na UE
Na súa conferencia, que tivo lugar o pasado mércores, abordou a problemática da militarización do ciberespazo, analizando o problema dende a perspectiva da Unión Europea e sinalando unha serie de vulnerabilidades que detectou nese proceso.
"É unha comunidade bastante exclusiva e moi esixente", sinala sobre o grupo organizador, o 'Chaos Computer Club", o grupo hacker mais reputado a nivel mundial, pois levan activos dende os anos 80 de forma ininterrumpida. "Penso que no que máis se diferencian é no equilibrio que manteñen entre a parte máis técnica do hacking, e as súas implicacións máis política", afirma Baleato.
Os integrantes deste grupo xa viron caer o muro de Berlín, entraron nos servidores da NASA, na rede da KGB ou os que entraron na base nuclear de chernobil e publicaron na prensa os niveis reais de radiación que o goberno ruso estaba ocultando.
Programa espía en Alemaña
No congreso deste ano, un grupo de activistas revelou que o goberno alemán está  usando un programa espía que podía enviar datos e mesmo facer fotos de calquera cidadán alemán. Trátase dun troyano que permite espiar aos cidadáns a través dos seus computadores persoais. O programa actúa como 'keylogger', fai capturas de pantalla e tamén grava audio ou vídeo. Un tema que é todo un escándalo nese país.
O nivel dos conferenciantes é moi alto e neste tipo de congresos participaron xa hackers moi coñecidos como Steven J. Murdoch, Dan Kaminsky e Joanna Rutkowska.
O 'Chaos Computer Club' (CCC) conta con máis de 4.000 membros. Foi fundado en Berlín en 12 de setembro de 1981 na sede do xornal Die Tageszeitung, por Wau Holland e outros activistas.
As accións do CCC
O CCC fíxose famoso mundialmente cando hackeou a rede Alemá Bildschirmtext e conseguiron que un banco en Hamburgo transferira 134.000 Marcos (67.000 euros) ás contas do club. O diñeiro devolveuse ao día seguinte ante a prensa.
En 1989 o CCC estivo envolto no primeiro caso de ciberespionaxe que tivo repercusións internacionais. Un grupo de hackers alemáns liderados por Karl Koch (afiliado ao CCC) foi arrestado por hackear servidores do goberno de Estados Unidos e vender o código do sistema operativo ao KGB soviético.



No hay comentarios:

Publicar un comentario