viernes, 30 de diciembre de 2011

A Cámara de Comercio de EE.UU. en España "recomenda" a Rajoi que aprobe a Ley Sinde



Made in USA

Jaime Malet, O presidente da Cámara de Comercio de Estados Unidos en España, remiteu unha carta ao presidente do Goberno, Mariano Rajoi, na que adviertelle sobre o risco de saida de inversión extranxeira de España e solicitalle que adopte medidas urxentes para evitalo, actuando sobre a morosidade das administracions públicas, a mellora da seguridade xurídica e da imaxen de España no exterior e sobre a protección á propiedad intelectual e industrial.
A misiva recomendalle a Rajoi que actúe especialmente en materia de propiedade industrial e intelectual, xa que “moitas multinacionais” tanto do sector de contidos como de outros sectores con patentes ou marcas relevantes, vían o consenso lexislativo creado entorno á chamada Lei Sinde como un gran avance para terminar coa “impunidade” nesta materia.
“A sua falta de aprobación antes das eleccions supuxo un revés á seriedade do país nesta materia de tanta importancia”, indica Malet, quen pide ao goberno de Rajoi que recupere o consenso alcanzado ao final da anterior lexislatura e promova unha lexislación clara que penalice de forma contundente a piratería industrial e intelectual.
Neste contexto, avisa (ou ameaza) o gran lobby de EE.UU. en España, que esas multinacionais están empezando a dudar sobre a seriedade do país no cumplimento das leises ao temer que o troco de Goberno supoña un aumento da incertidumbre regulatoria si existe a tentación de modificar “arbitrariamente” o pactado na anterior lexislatura, ante o que reclama “señais craras” de garantía.

No hay comentarios:

Publicar un comentario