viernes, 7 de octubre de 2011

Steve Jobs, a última danza d guerreiro


la-ultima-danza-del-guerrero.jpg

Os nenos da miña xeración non tíñamos gadgets, xogábamos con indios e vaqueiros de plástico, dando renda solta á maxinación. Tal vez por eso me gustan tanto as lendas. Hoxe, en homaxe a Steve Jobs, vou-vos a contar unha moi vella, preciosa e irreal como todas as lendas.

Os grandes guerreiros teñen un lugar no mundo, cada un o seu, un sitio preferido ao que van nos últimos instantes da sua vida. Alí acompaña-os a morte cuando os chama, que é a única compañeira fiel na vida, porque sempre está presente. Cando chega o momento final, a muerte brinda ao guerreiro a oportunidade de narrar os grandes feitos da sua vida mediante unha danza.
Si o que conta o guerreiro é importante, o sol detense no ceo en sinal de respeito e a terra treme baixo seus pes. A morte agarda tamén con respeto a que o guerreiro remate a sua danza.

Podes estar orgulloso Steve, fostes un gran guerreiro. A tua danza foi intensa, chea de feitos que  trocaron o mundo, unha danza moi longa. E agora, como todos os grandes guerreiros, serás lembrado, logo de que se parase o sol, polas tuas fazañas.
Descansa en paz.
Imagen | Erik Pitti, Carquinyol

No hay comentarios:

Publicar un comentario