martes, 18 de octubre de 2011

Os mellores reproductores multimedia

Por fin empezou a nova tempada de moitas series e seguro que xa preparaches tuas palomitas con refresco, puxesteste o teu pijama feo (que tamén é o cómodo) e desconectaches o móvil. No sofá, diante do teu ordeador, estás disposto a pasar un bo rato.
Pero non olvides esta lei do bo consumidor multimedia: é tan importante escoller unha boa serie ou película como non equivocarte na elección do reproductor para ve-la.
Hai unha variedade impresionante de reproductores gratuitos e todos teñen suas cualidades e motivos para ser o escolleito. En Costaweb elaboramos un  ranking dos cinco reproductores multimedia máis destacables.

5. Media Player Classic, clásico e funcional.

Un reproductor cuxo nome non é gratuito: a sua interfaz nos lembra moito ao clásico de Windows, sinxela e pouco estética. Anque non debes deixar que esto te engane. Esta pequena xoia é tan lixeira como potente.
Fai casi todo o que sus hirmans grandes. Unha boa selección de códecs, capacidade de carga i edición de subtítulos, flexible Pan&Scan e captura de fotogramas. Para completar a lista, Media Player Classic conta con soporte para vídeos duales e permite-che escoller a acción a realizar unha vez  remata o vídeo.

4. Moovida, a maravilla técnica.

Deste reproductor, que tamén cumple funcions de catalogador multimedia, o mais destacable é sua interfaz 3D, unha impresionante i estética biblioteca multimedia en formato tridimensional que fará as delicias dos amantes das boas gráficas, e de aqueles a quen guste presumir de aplicacions cos seus amigos.
Ademais, permite suscribir e ordear podcasts, ofrece unha gran variedade de estacions de radio online e o seu visualizador non ten nada que envidiar ao resto.

3. UM Player, o elegante peso pluma.

Entramos xa no podio. Os reproductores, claro está, van a mellor. Como di a sabiduría popular, mais vale maña que forza. Neste caso, poderíamos asegurar que mais vale unha boa técnica que un pesado software. Sen limitar o rendemiento de teu ordeador, UM Player convirte-se no reproductor que necesitas. Elegante, funcional e con unha ferramenta estrela: un buscador de Youtube e Shoutcast integrado, é decir, vídeos e radios a miles dende o propio programa. Aparte, conta con varias sorpresas.

2. GOM Media Player, unha apariencia engañosa

É o subcampeón, pero non por elo é menos capaz que o primeiro. Un reproductor en apariencia simple, enfocado a facilita-la visualización de vídeo. Pero esa apariencia entraña unha increíble máquina de reproducción. Un montón de códecs preinstalados e unha interfaz crara e perfectamente ordeada na que navegar e atopar o que buscas será pan comido.
Si a esto sumamos-lle a sua patente exclusiva para reproducir archivos AVI corruptos, as suas peles e o inmenso marxe de configuración que permite, non hai discusión posible.

1. VLC Media Player, o número un.

O ganador deste ranking non podería ser outro. E non é decisión nosa exclusivamente: millons de usuarios coma ti encumbraron este versátil e xenial reproductor ao mais alto. Pero hai motivos: non hai un con máis códecs preinstalados, nin con semellante potencia. Plenamente configurable, a non ser que queiras trocar o argumento, non atoparás nin un elemento que non podas modificar en VLC.
Este reproductor de código abierto, con anos de experiencia no seu campo, conta cunha interfaz sinxela que podes trocar radicalmente con calquer pel que te imagines e alguen haxa creado. De feito, podes crear as tuas propias peles con VLC Skin Editor.
Ademais de reproductor, VLC é un conversor de audio/vídeo, reproduce e graba vídeos de Youtube, emite en streaming, conta con servidores de radio, ofrece información completa do que reproduce, copia DVD, soporta a captura a través de varios dispositivos, organiza os teus arquivos e ainda ten tempo de gardar fotogramas i esceas cun soio clic. Eso sen contar as innumerables extensions e complementos que se van actualizando periódicamente. Un valor seguro para aqueles que queiran algo mais que pulsar Play.
Agora sí. Apaga as luces a teu redor, encende os altofalantes e deixate levar por historias maravillosas. Pero sobre todo cuidado non manches o sofá co refresco, o cargarástea.
Unha vez has podido ver o ránking de reproductores que fixemos quizás botas de menos algún reproductor.  
¿Cál crees que nos deixamos? ¿Cál sería teu ranking?

No hay comentarios:

Publicar un comentario