martes, 20 de septiembre de 2011

CONEXIÓN: Telefónica mellora a súa cobertura de banda ancha en Galiza e duplica a velocidade


A empresa comezou a activar a súa rede de 900 megahercios, o que mellorará o sinal na zona rural e no interior dos edifios.
Telefónica comezou a activar a súa rede de 900 megahercios en Galiza, o que permitirá ampliar a cobertura de banda ancha móbil, duplicar a velocidade de transmisión de datos e mellorar o sinal na zona rural e no interior dos edificios.
O uso por parte de Telefónica da frecuencia 900 é consecuencia da reorganización e liberación de frecuencias iniciada o pasado mes de abril en España. Simultaneamente, Telefónica aumentou ata 42 megas, o dobre da existente ata agora, a velocidade dispoñible en banda ancha móbil en cidades como Vigo, Santiago ou A Coruña, tras completar unha primeira fase do seu despregamento da tecnoloxía dual cell, a máis avanzada en telecomunicacións móbiles. A frecuencia 900, cuxo acendido en 220 estacións base de toda Galiza iniciouse o 9 de setembro, ofrece unhas condicións adecuadas de propagación e alcance para a telefonía móbil, de forma que os usuarios de Movistar experimentarán desde este mes melloras notables en canto a cobertura, calidade, e velocidade dos servizos de banda ancha.
A compañía anunciou onte que continuará co seu plan de melloras na comunidade galega ata o 2013 co obxecto de mellorar a cobertura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario