miércoles, 16 de febrero de 2011

WSUS Offline actualiza Windows desde un medio extraible

WSUS Offline actualiza Windows desde un medio extraibel

Unha das cuestions que me molestan é ter que estar descargando actualizacions de distintos sistemas operativos. Cando sólo tes un ordeador, pues ten un pase, cando tes varios que actualizar pois xa resulta algo máis pesado e sobre todo pouco productivo ir facéndoo un por un. Por eso me gustan solucions como WSUS Offline que permite actualizar Windows dende un medio extraible.

Os que vivimos no mundo as tarifas planas e moitos pensaredes que o tempo que perdédes en instalar unha aplicación deste tipo o gañádes actualizando directamente os equipos. Pero moitas veces non hai líña ADSL ou temos que actualizar varios equipos e amortizamo-la inversión en tempo de descarga de actualizacions da primeria vez nas sucesivas actualizacione. É nestos casos cando lle sacamos a utilidade a WSUS Offline.

Permite-nos incluso crear un CD de instalación das actualizacions. Pero persoalmente encontro máis cómodo facelo dende un USB. WSUS Offline, permite-nos realizar actualizacions de Windows XP, Vista e 7 así como Server 2003 e 2008. Ademáis podemos realizar tamén as actualizacions de MS Office, Net Framework o Microsoft Security Essentials, o que fai deste producto unha opción moi completa para actualiza-los nosos equipos.

As principais pegas están no tiempo de carga da primeira actualización. Carga todolos arquivos que están dispoñibeis, Service Pack incluidos polo que tarda bastante. Nembargantes amortizamolo sólo con ter que reinstalar unha vez Windows. As seguintes veces que actualizamos non son tan pesadas e incluenos as novas actualizacions. O máis cómodo é utilizar ó USB dun equipo a outro unha vez finalizada a actualización.

Unha vez descargadas todalas actualizacións creará-nos un instalador que poderemos executar nos equipos que non teñen conexión para que comprobe as actualizacions que teñen pendente e si as ten descargadas instalará-as de forma moi cómoda para os usuarios. É unha boa solución para actualizar un grupo de equipos ou cando as conexions de Internet son máis lentas do habitual e sobre todo inexistentes.

Vía | addictivetips
Más Información y Descarga | WSUS Offline
En Genbeta | Instala las actualizaciones de Windows directamente desde un CD con PatchMate

No hay comentarios:

Publicar un comentario