domingo, 13 de febrero de 2011

Probando Gnome Shell dende live CD

gnome-3-control-center

Dende que vin as primeiras capturas de pantalla de Gnome Shell tuven curiosidade por probar o entorno. Fai unos días encontréi duas distribucions live que o incorporan, unha baseada nunha pre-release de Fedora 15 e outra en Open Suse 11.3, disponibles en arquitecturas x32 y x64.

Ambas están preparadas teóricamente para funcionar en Virtual Box ya que traen Guest Additions instalado dentro da imaxen ISO. O disco live baseado en Open Suse está construido con Suse Studio. Era de esperar que no presente estado de desenrrolo de Gnome Shell houbera problemas de estabilidade.

As probas se realizaron sobre Virtual Box primeiro e despois sobre cinco máquinas para a arquitectura x32 e duas para a versión de 64 bits, con distintas combinacions de procesadores Intel e AMD, empleando tarxetas gráficas Nvidia ou ATI tanto sobre bus AGP como PCI Express. Estos son os resultados.

gnome-3-firefox-genbeta.jpg

Versión Fedora

O CD live de Fedora non funcionou, quedase nun loop infinito cando aparece a pantalla de login. Esto ocurreu en Virtual Box i en todas as máquinas probadas, tanto sobre arquitectura x32 como en x64. Por si era un problema de corrupción na descarga, fixen unha segunda con idéntico resultado.

Na escasa documentación disponible vin que hai incompatibilidade con determinadas tarxetas ATI, pero con Nvidia ocorreu o mesmo i en Virtualbox eso non influe. Esto non significa que non poda funcionar no teu ordeador se te animas a probalo en modo Live.

Versión Suse

A imaxen ISO realizada con Suse Studio é operativa anque con matices. Sobre Virtual Box arranca sen problemas anque aparece o escritorio normal dunha serie 2.x. Se pechas a sesión, na parte inferior da pantalla de login podes trocar no desplegable que aparece ao entorno Gnome 3.

Esto non funciona en Virtual Box porque si te fixas na configuración do programa, Suse non soporta aceleración 3D, ao menos na miña versión (4.0.2 r69518). Así que para ver en funcionamiento Gnome Shell y Gnome 3 non queda máis remedio que probar en modo Live arrancando dende CD.

gnome3-funcionando

Neste caso e para ambas arquitecturas non houbo problemas e puden ver, por fin, este entorno funcionando. Se chegas a esta parte verás que a instalación é minimalista e non funciona a rede. No meu caso necesitaba instalar ao menos gnome-utils e Gimp pra o artículo.

Decidín enton efectuar unha instalación pero no hai unha forma “á vista” para facelo. A solución está en introducir na primera pantalla onde configuras o idioma, “liveinstall” na liña de comandos, esto pon en marcha o proceso de instalación. Ningún inconvinte na versión de 64 bits utilizada sobre o portátil.

No primeiro arranque aparece o entorno 2x como en Virtual Box pero podese trocar a Gnome 3 como xa explicquin. Unha vez instalada e tras curiosear un pouco a sensación é que Gnome Shell / Gnome 3 vai a ter un gran éxito. Estéticamente resulta atractivo e a forma de traballar é moi práctica na miña opinión.

Si coñeces Open Suse xa sabes que Yast é unha ferramenta poderosa, con ela configuréi a rede. Os repositorios necesarios veñen incluidos no CD Live así que simplemente descarguin o necesario. Si te fixas nas capturas, os programas da serie 2x engadidos e Gimp carecen de icono, solo amosa o nome.

No tempo que leva instalado non tuven contratempos, este artígo se realizou íntegramente dentro do novo entorno con estabilidade e velocidad suficientes, pero ten presente que este software ainda non é versión final e faltan detalles por pulir.

Capturas de pantalla

(Fai click nunha imaxen para ampliala)
gnomeshell-test-01.png
gnomeshell-test-02.png
gnomeshell-test-03.png
gnomeshell-test-04.png
gnomeshell-test-05.png
gnomeshell-test-06.png
gnomeshell-test-07.png
gnomeshell-test-08.png
gnomeshell-test-09.png
gnomeshell-test-10.png

Descarga | Live CD basado en Fedora
Descarga | Live CD basado en Open Suse

No hay comentarios:

Publicar un comentario